Agenda

Dic
14
Sáb
Mercadiño. Rubiá
Dic 14 a las 12:30 – Dic 15 a las 17:30
Mercadiño. Rubiá @ casa da Cultura

O Mercadiño de Nadal de Rubiá abre por cuarto ano consecutivo as súas portas.

O sábado 14 inauguración. Mercado de produtos tradicionais como mel, pan, doces ou licores. Tamén artesanía en coiro e xoiería, artigos de segunda man. Como é habitual, os nenos e nenas do colexio Virxe do Camiño de Rubiá, montarán o posto de adornos de Nadal para recadar cartos para a excursión de fin de curso.

Aberto 14 e 15 de decembro.

Horario: De 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

O último día, o domingo ó peche do mercadiño farase entrega dos premios do terceiro concurso de fotografía «Rubiá outono sen filtros». Tamén haberá degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.