Agenda

Jul
19
vie
De Perto. O Barco
Jul 19 a las 22:30
De Perto. O Barco @ Mosteiro de Xagoaza

O cantautor brasileiro, con sete álbumes editados, é un compositor de primeira liña, admirado dentro e fóra do seu pais. Ofrecerá o concerto co que finaliza a sétima edición do ciclo De Perto. ao pé do castelo do Castro o venres 19 de xullo ás 22h30.

Destacado entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor Fred Martins ofrece un repertorio autoral moi variado e moi relacionado coa tradición musical da artesanía da canción no Brasil. A súa musica dialoga co samba e a bossa nova, mesturando tamén elementos doutros estilos e incursións pola world music. Dono de creatividade e ritmos bastante particulares, Fred Martins é recoñecido pola crítica como un dos maiores compositores de súa xeración.

Fred Martins desenvolveu unha relación especialmente profunda coa música brasileira ao transcrever, durante dez anos, partituras de compositores como Chico Buarque, Noel Rosa, Tom Jobim, Caetano Veloso e Gilberto Gil para os famosos songbooks producidos por Almir Chediak.

Discos como o seu debut “ Janelas” ( Deskdisk), que cumpre no 2011 xa unha década do seu lanzamento, o popular “ Guanabara” (Tratore Music Brasil), onde volvía recrear con particularísimo estilo a música popular do seu país, bossa e samba, ou o recente “Acróbata” ( aCentral Foque) en colaboración coa cantante galega Ugía Pedreira, teñen encumbrado a Martins como unha das figuras e das voces máis coñecidas dos novísimos cultivadores da música brasileira.

O talento do compositor foi tamén recoñecido polo prestixioso Premio Visa da música brasileira (9 ª edición, 2006), que lle atribuíu o premio máximo de Mellor compositor, por votación unánime do xurado e do público.