Agenda

Ene
24
Vie
Festa cocido. Piñeiro
Ene 24 a las 21:00 – 23:45
Festa cocido. Piñeiro @ Piñeiro. Trives
Do venres 24 ó domingo 26 a parroquia de Piñeiro de Trives celebra as festa na honra a San Sebastián.

O venres 24 de xaneiro comezan os actos na honra a San Sebastián na parroquia de Piñeiro, no concello da Pobra de Trives, ás 21:00 horas coa celebración da Cea Popular do Cocido, amenizada polas Macizas Centrais.
Ás 00:30 horas a orquestra Marbella animará a verbena.

O sábado 25, ás 13:30 horas oficiarase a misa solemne seguida de procesión, acompañada pola charanga Nova Terras de Trives. A continuación, os presentes poderán gozar da sesión vermú amenizada pola citada charanga.
Pola noite, a partir das 23:30 horas, a orquestra LA Fórmula porá a nota musical á verbena.

O domingo 26, ás 13.30 misa solemne cantada pola Coraliña Cantora de Trives. Despois do acto litúrxico, a sesión vermú será realizada polo dito coro.

Festa relixiosa en honra a San Sebastián que se celebrará do 24 ó 27 de xaneiro na parroquia de Piñeiro, no concello da Pobra de Trives. Os oficios relixiosos, as variadas actuacións musicais e a Cea Popular do Cocido, serán os actos previstos para a ocasión.
Celebraránse no campo cuberto cunha carpa e potente calefación

Feb
1
Sáb
F. Chourizo. Vilanova
Feb 1 a las 13:00 – Feb 2 a las 14:00
F. Chourizo. Vilanova

Vilanova, na Pobra de Tives celebra a Festa do Chourizo o 1 e 2 de febreiro