Agenda

Jul
25
jue
Día de Galicia. Quiroga
Jul 25 a las 12:30 – 14:00
Día de Galicia. Quiroga @ Quiroga

Día de Galicia do 2019 este 25 xullo.

12:30 horas: Recepción no Concello aos colectivos culturais da vila.

13:00 horas: Actuación do grupo de gaitas “O Recanto”.

Jul
27
sáb
Festival. Manzaneda
Jul 27 todo el día
Festival. Manzaneda @ Cabeza de Manzaneda

Sábado, 27 de xullo, ás 12.30 horas, coa mostra de Bandas de Gaitas, onde actuarán Toxos e Xestas de Barcelona, “Os trinta de Trives” e a Real Xuvenil. Ás 18.00 horas, a Igrexa de Manzaneda, acollerá o II Serán da Seitura, en memoria de Ludivina Pérez Ricoi, no que se presentará o “Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives”.

Ás 20.00 horas, na praza do Concello da Pobra de Trives, terá lugar un concerto a cargo da agrupación “Os trinta de Trives” e, o peche da xornada realizarase na Estación de Montaña, a partir das 22.30 horas, coa Noite Celta, onde actuarán Toxos e Xestas de Barcelona, o plantel de xuíces do Certame, a Real Xuvenil, e as Cantareiras da Real Banda.

Jul
28
dom
Festival. Manzaneda
Jul 28 todo el día
Festival. Manzaneda

O domingo, 28 de xullo, a programación dará comezo, no municipio da Pobra de Trives, ás 10.00 horas coa Alborada a cargo da agrupación “Os trinta de Trives”. Posteriormente, o Campo de Competicións da Cabeza Grande de Manzaneda acollerá ás 10.50 horas a competición das Bandas de Gaitas das categorías dos graos 4º e 3º e, ás 12.00 horas, terá lugar a exhibición do Folión “Os labregos de Trives”.

Ás 12.15 horas celebrarase o concurso de Bastóns de Mando e o Concurso de Gaiteiros Solistas. Posteriormente, a partir das 13.00 horas continuará a competición das Bandas de Gaitas dos graos 2º e 1º, e ás 13.30 horas terá lugar a ofrenda floral ante o monumento a D. Gabino García, en memoria de quen se celebra esta décima edición do Certame, acompañada pola Banda Toxos e Xestas de Barcelona. A continuación, será a entrega de premios, medallas e distincións que rematará cunha actuación conxunta de tódalas bandas participantes.

Ago
1
jue
Festas. A Rúa
Ago 1 a las 23:00
Festas. A Rúa @ Rúa Doctor Vila

VIII Encontro de Pinchadiscos na Rúa. A partir das 23 horas na Rúa Doctor Vila da localidade celebraráse este evento que ven marcando o inicio das Festas de Verán dende hai 8 anos.

Baile para todos os públicos e idades.

Ago
2
vie
Festas. A Rúa
Ago 2 todo el día
Festas. A Rúa

Primeiro día das Festas de verán do 2019 da Rúa.

09:00 salva de bombas que anuncian o inicio das festas de verán.

21:00-6ª Milla Urbana na Rúa Miguel de Cervantes.

22:30-Concerto de Clon Bois.

A partir das 23:55 concerto de “Dr. Queen” na Rúa Doctor Vila.

 

Ago
3
sáb
Covas. Vilamartín
Ago 3 a las 20:30 – 23:45
Covas. Vilamartín @ Vilamartín de Valdeorras

XXIII Ruta das Covas en Vilamartín o 3 de agosto 20:30 horas.

A ruta comeza ás 20:30 horas e ademais de viño artesán haberá pinchos: empanada, entremeses; xamón, chourizo, salchichón, queixo, bica…

A ruta remata ás 12 da noite e a partir desa hora, festa rachada coa orquestra Fénix e discoteca móbil.

Autobuses con saída das estacións da Rúa ás 19:40 horas e do Barco ás 20:00 horas. Regreso as 3:00 horas

O prezo 13 euros en taquilla e 12 anticipada en: www.ataquilla.com

Festa das Covas. Vilamartín
Ago 3 a las 20:30 – 23:45
Festa das Covas. Vilamartín @ Vilamartín

Vilamartín celebra a XXIII edición da Festa das Covas o sábado 3 de agosto, a partir das 20:30 horas.

Degustación de viño e pinchos de todo tipo en cada unha das 44 covas participantes.

Coa entrada agasallo dunha cunca e un pano.

A partir das 12 da noite festa rachada coa orquestra Fénix e Discoteca Móvil.

 

 

Ago
10
sáb
Mostra. Quiroga
Ago 10 a las 12:00
Mostra. Quiroga @ Quiroga

XXVIII Mostra do mel de Quiroga o vindeiro 10 de agosto.

A partir das 12 da mañá inauguración do recinto -na Rúa Real- e actuación do grupo de gaitas “O Recanto”.

 

Ago
11
dom
Bacofesta. A Rúa
Ago 11 todo el día
Bacofesta. A Rúa

Terceiro día da Bacofesta 2019 na Rúa.

12:30 a 14:30-Apertura do recinto ferial no Aguillón.

19:30-Apertura do recinto ferial no Aguillón, o lugar estará animado por a fanfarria “Takikardia”.