Agenda

Jul
17
mié
De Perto. O Barco
Jul 17 a las 20:30
De Perto. O Barco @ Casa Grande de Viloira

Avelino González (Vigo, 1962), contador de historias e actor de teatro, cine e TV, estará no De Perto o mércores 17 de xullo ás 20h30 na Casa Grande de Viloira. Unha contada sobre esas pequenas marabillas que nos pasan cada día e que asombran cando as escoitamos.

Avelino González falando de si mesmo: “Non sei se conto monólogos ou monologueo contos. Gustánme as historias de soños cumpridos, de caña e coña, de paixón… Esa caste de historias fantásticas que nos poden pasar a calquera.

Na TV acabo de Facer de “César” en Serramoura, antes a “Roque” en Pazo de Familia, pra a TVG. Fixen de “Raimundo” na serie “Seis Hermanas” na TVE1.

Hai pouco fixen de Miñato en “Padre Casares” da TVG. Fixen pelis (Heroína), series web (Dalle Jas, Volta ó Rural, Clases de lo Social), series (As Leis de Celavella, Cuéntame, Pratos Combinados, Hospital Central, Mareas Vivas, Piratas).

No teatro agora estou facendo de “Briguella” na “Commedia” de Contraproducións, dirixido por Cándido Pazó!. Actúo, dirixo, traduzo e levo cafés ós ensaios. Déronme varios premios, polo café non, polo outro. Bicos con Lingua, Commedia, Tarará-Chis-Pum, e o que me queda…!”

Jul
19
vie
De Perto. O Barco
Jul 19 a las 22:30
De Perto. O Barco @ Mosteiro de Xagoaza

O cantautor brasileiro, con sete álbumes editados, é un compositor de primeira liña, admirado dentro e fóra do seu pais. Ofrecerá o concerto co que finaliza a sétima edición do ciclo De Perto. ao pé do castelo do Castro o venres 19 de xullo ás 22h30.

Destacado entre os artistas da súa xeración, o cantante e compositor Fred Martins ofrece un repertorio autoral moi variado e moi relacionado coa tradición musical da artesanía da canción no Brasil. A súa musica dialoga co samba e a bossa nova, mesturando tamén elementos doutros estilos e incursións pola world music. Dono de creatividade e ritmos bastante particulares, Fred Martins é recoñecido pola crítica como un dos maiores compositores de súa xeración.

Fred Martins desenvolveu unha relación especialmente profunda coa música brasileira ao transcrever, durante dez anos, partituras de compositores como Chico Buarque, Noel Rosa, Tom Jobim, Caetano Veloso e Gilberto Gil para os famosos songbooks producidos por Almir Chediak.

Discos como o seu debut “ Janelas” ( Deskdisk), que cumpre no 2011 xa unha década do seu lanzamento, o popular “ Guanabara” (Tratore Music Brasil), onde volvía recrear con particularísimo estilo a música popular do seu país, bossa e samba, ou o recente “Acróbata” ( aCentral Foque) en colaboración coa cantante galega Ugía Pedreira, teñen encumbrado a Martins como unha das figuras e das voces máis coñecidas dos novísimos cultivadores da música brasileira.

O talento do compositor foi tamén recoñecido polo prestixioso Premio Visa da música brasileira (9 ª edición, 2006), que lle atribuíu o premio máximo de Mellor compositor, por votación unánime do xurado e do público.

Jul
24
mié
Festas. Petín
Jul 24 todo el día
Festas. Petín

Primeiro día das Festas de Petín en honor ao Santiago Apóstol e a Santa Ana. O día 24 baile e verbena na Praza do Doutor Quiroga a cargo da Orquestra Foliada.

Jul
25
jue
Festas. Petín
Jul 25 todo el día
Festas. Petín

Segundo día das Festas de Petín en honor ao Santiago Apóstol e a Santa Ana. O 25 de xullo -día do Apóstol- será o turno da Orquestra Galilea, que fará sesión vermú, baile e verbena. Ademáis os Airiños de Portela farán unha alborada.

 

Jul
26
vie
Festas. Petín
Jul 26 todo el día
Festas. Petín

Terceiro día das Festas de Petín en honor ao Santiago Apóstol e a Santa Ana. O 26 de xullo turno para a Orquestra Israel, a cal fará unha sesión vermú, baile e verbena. Ademáis Airiños da Portela repetirán alborada.

Este día, haberá inchables nas piscinas.

 

Jul
27
sáb
Festas. Petín
Jul 27 todo el día
Festas. Petín

Último día das Festas de Petín en honor ao Santiago Apóstolo e a Santa Ana. O día 27 será considerado o Día da Mocidade ca Macrodiscoteca Escarlata que actuará na Praza do Doutor Quirgoa.

Ago
3
sáb
Covas. Vilamartín
Ago 3 a las 20:30 – 23:45
Covas. Vilamartín @ Vilamartín de Valdeorras

XXIII Ruta das Covas en Vilamartín o 3 de agosto 20:30 horas.

A ruta comeza ás 20:30 horas e ademais de viño artesán haberá pinchos: empanada, entremeses; xamón, chourizo, salchichón, queixo, bica…

A ruta remata ás 12 da noite e a partir desa hora, festa rachada coa orquestra Fénix e discoteca móbil.

Autobuses con saída das estacións da Rúa ás 19:40 horas e do Barco ás 20:00 horas. Regreso as 3:00 horas

O prezo 13 euros en taquilla e 12 anticipada en: www.ataquilla.com