Agenda

Dic
14
Sáb
Concierto. A Rúa
Dic 14 a las 23:45 – Dic 15 a las 02:15
Concierto. A Rúa @ Bravo Lux de A Rúa

Este sábado 14 de decembro a música en directo volve ser protagonista no local de moda da Rúa, o Bravo Lux. O grupo pontevedrés Dani Barreiro & Friends chega a estas terras para seguir animando as fins de semana previas ao Nadal e convida a rueses e ruesas a pasar unha noite de bo rollo, moito humor e versións de grandes éxitos do Pop Rock, dende os 60, 70, 80 ata hoxe. O concerto é gratuíto e está programado para a 1:00 h., cando a madrugada do domingo empeza a animar a noite…

 

Lembraremos a música de artistas como Andrés Dobarro, Juan Pardo, Magín Blanco, Loquillo, Gabinete Caligari, Duncan Dhu, Andrés Calamaro, Quique Gonzalez, Coque Malla, Joaquin Sabina… pasando por Rosendo, Burning ou Los Secretos, variando de xeito constante o seu ecléctico repertorio, e  incluíndo  clásicos internacionais de diferentes artistas coma Johnny Cash, Neil Young, Neil  Diamond,  REM,  Waterboys,  Depeche Mode, Rolling Stones, The Beatles, etc.

 

Dani Barreiro & Friends

 

O de ‘Friends’ vai polos que están enriba e abaixo do escenario. É unha “reunión de amigos que comparten e celebran a música”… o que ocorre é que agora en lugar de facelo no salón da súa casa -ou de casa allea- fano nas rúas, nos bares, terrazas, locais de copas, salas de concertos, escolas e festivais, pero coa mesma filosofía, desenfado e sentido do humor.

 

En cada show Dani Barreiro rodéase de bos amigos coma Miguel Pérez ao baixo, Ruben Ruíz a guitarra eléctrica, Roberto Barreiro a batería, e, como  non, aparte deles é posible que saia a escena algún que outro Friend espontáneo ou convidado sorpresa… nunca se sabe

 

Con  máis  de  100  concertos  a o  ano  en  bares,  pubs,  eventos ou grandes festivales como Atlantic Fest e Festival de la Luz avalan a súa experiencia e rodaxe.