AEVA busca novos nichos de emprego na Comarca de Valdeorras

30 abril, 2017
AEVA busca novos nichos de emprego na Comarca de Valdeorras
Publicidad

Fai uns días coñecíamos a existencia do programa AEVA EmpregaTE, que a Asociación Empresarial de Valdeorras pretende levar a cabo no vindeiro ano 2018 co obxectivo de mellorar as posibilidades de emprego das persoas desempregadas e de buscar novos xacementos de emprego en Valdeorras.

A xerente de AEVA, Luísa López, contoulle a este medio cales serán as cinco fases principais a través das cales se desenvolverá o proxecto.

A primeira fase será de prospección empresarial, “identificaremos los recursos y los yacimientos de empleo en el medio rural y elaboraremos estudios técnicos acerca del mercado de trabajo”. Nesta fase, AEVA creará contactos e vínculos de colaboración con institucións e empresas.

A segunda, será de información, asesoramento e orientación laboral, “haremos una diagnosis de los usuarios, de los que ya tenemos y los nuevos, con entrevistas y consultas personalizadas”. Nesta fase faranse sesións individuais e grupais dirixidas aos emprendedores e a inserción laboral, ademais de accións relacionadas coa conciliación laboral e familiar.

Unha terceira fase irá dedicada exclusivamente á formación. AEVA levará a cabo talleres de emprendemento, buscando xacementos de emprego relacionados con recursos endóxenos. Farase unha formación práctica e experimental e ademais, ofrecerán formación en estratexias persoais de liderado. Esta formación estará adaptada ás necesidades do mercado laboral e aos perfís dos usuarios.

A cuarta fase fala xa da inserción laboral propiamente dita. Contará con intermediación laboral e prospección de ofertas de emprego. AEVA ten prevista a creación de prácticas en empresas como ponte para levar a cabo esta inserción laboral.

A última fase leva o nome de “Autoemprego”, e consiste na asistencia técnica, “se elaborarán planes de empresa y tramitación de ayudas y subvenciones”. Ofreceranse prácticas de networking, visitas de carácter práctico-experimental e seguimento e tutela dos proxectos de inserción laboral.

Este proxecto, presentado por AEVA, xa foi analizado polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nunha reunión que mantivo coa xerente, Luisa López. e a vicepresidenta de AEVA, María del Carmen Rodríguez. Nesta xuntanza, Baltar coñeceu as liñas mestras do proxecto e garantiu que para o 2018 o goberno provincial destinará unha axuda de 40.000 euros para contribuír cos gastos de funcionamento de AEVA. Luísa López puntualizou que a meirande parte desa cantidade irá destinada á fase de formación do proxecto AEVA EmpregaTE, coa finalidade de ofrecer a maior profesionalidade posible.

También te puede interesar