Acto informativo para os emigrantes retornados en A Rúa

6 abril, 2017 A RÚA , ACTUALIDAD , CONCELLOS
Acto informativo para os emigrantes retornados en A Rúa

Esta tarde, ás 18:00 horas, A Rúa celebra un acto informativo coa Plataforma de Emigrantes Retornados no Salón de Plenos do Concello, dirixido a todas aquelas persoas afectadas polo problema de duplicidade fiscal de Facenda.

No acto informarase da situación actual da problemática, que afecta a emigrantes que marcharon fóra do Estado Español, sobre todo dentro de Europa. Facenda cambiou o criterio fai uns anos e motivou o cobro de tributacións adicionais para estes emigrantes retornados, implicando, ademais, que o ministerio estimase que estas persoas tiñan unha débeda acumulada, polo que se lle impoñían multas e intereses de demora.

A alcaldesa, María González Albert explicou que é “inxusto para os emigrantes que se foron fóra do país que se vexan prexudicados por esta dualidade, mentres que os que emigran dentro do propio Estado non. Parécenos atentar contra a xente que levantou este país”.

Malia que nos últimos anos se conseguiron melloras nesta problemática, como por exemplo a eliminación das multas, a Plataforma Galega de Emigrantes Retornados segue loitando polos dereitos destas persoas.

Ao acto acudirá o portavoz  nacional desta plataforma, Xosé Lois Leirós, o asesor xurídico da Coordinadora Nacional Galga de Emigrantes Retornados, Alexandre Lago -que explicará cómo está a situación na actualidade-, e Manuel Domínguez, portavoz da plataforma en Compostela. Ademais, estará presente a alcaldesa de A Rúa, María González Albert: “consideramos que o Concello de A Rúa se ten que involucrar nesta situación, entendemos que a representación do concello ten que estar aí. Queremos facerlles ver, unha vez máis, que o concello de A Rúa está implicado na defensa dos seus intereses”.

 

 

También te puede interesar