Activo un incendio forestal na parroquia de Hospital (Quiroga)

11 septiembre, 2020
Activo un incendio forestal na parroquia de Hospital (Quiroga)
Publicidad

O incendio está activo dende a medianoite do xoves e conta nas tarefas de extinción ca intervención de medios aéreos

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo no concello lucense de Quiroga, parroquia do Hospital.


O incendio iniciouse ás 0:03 h. desta medianoite e, segundo as primeiras estimacións, supera as 20 hectáreas. Para a extinción do lume mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa e, a maiores, ao longo da mañá incorporáronse hidroavións e helicópteros para axudar nas tarefas de extinción.

Publicidad


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

También te puede interesar