Segue activo o incendio no Parque da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)

17 julio, 2020

Publicidad

Polo momento levan ardido máis de 35 hectáreas

O incendio que comezou ás 13:05 horas de hoxe, 17 de xullo, na parroquia de Pardollán pertencente ao concello de Rubiá,  segue activo. O lume afecta ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra e segundo novas estimacións, a superficie queimada estímase nunhas 35 hectáreas. Esta medición proporcionada pola Conselleria de Medio Rural é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.

Para o seu control lévase mobilizado 1 técnico, 7 axentes, 13 brigadas, 4 motobombas, 4 helicópteros e  7 avións.

Publicidad

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Publicidad

También te puede interesar