Un novo accidente ralentiza o tráfico na Avenida do Bierzo en O Barco

12 agosto, 2016 ACTUALIDAD , O BARCO
Un novo accidente ralentiza o tráfico na Avenida do Bierzo en O Barco
Un novo accidente ralentiza o tráfico na Avenida do Bierzo en O Barco
Un novo accidente ralentiza o tráfico na Avenida do Bierzo en O Barco

Arredor das seis da tarde de hoxe, produciuse un novo accidente na Avenida do Bierzo do Barco. Un vehículo que circulaba en sentido saída colisionou con outro que estaba dando marcha atrás dende un estacionamento en batería(*). Non houbo feridos. A Policía Local presentouse no lugar para controlar o tráfico xa que se trata dunha vía de alta densidade de tráfico e un dos carrís estivo cortado durante un tempo, ralentizando a circulación.

Os accidentes son habituais nesta avenida, unha das principais saídas da vila barquense cara a N-120. A velocidade máxima permitida no tramo é de 40 quilómetros por hora.

*RECTIFICACIÓN: O vehículo contra o que colisionou o coche que circulaba pola Avenida do Bierzo estaba nese momento entrando nun taller, non saíndo do aparcamento.

También te puede interesar