Aberto o prazo de solicitude para a licitación de Escolas Deportivas barquenses

5 julio, 2017
Aberto o prazo de solicitude para a licitación de Escolas Deportivas barquenses

Xa están no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases da licitación para o contrato de servizo de organización e desenvolvemento das Escolas Deportivas Municipais.

Dende o ano pasado, o Concello de O Barco de Valdeorras decidiu separar nas escolas deportivas municipais por unha banda o deporte base asumido por clubs (baloncesto, atletismo, fútbol, piragüismo, voleibol), e por outra, aqueles deportes dos que se ocupan as escolas deportivas municipais (ximnasia de mantemento, zumba, ximnasia rítmica…).

O pasado martes saía a subvención que Deputación de Ourense lle outorga ao deporte base. Consiste na admisión dunha prórroga do contrato, que se prolonga dende o 1 de setembro do 2019 ata o 31 de agosto do 2020.

Desta licitación beneficiaranse os clubs barquenses, posto que cada club recibirá unha cuantía fixa en función do número de alumnos que ten a escola de deporte base. Todos os clubs que cumpran os requirimentos recibirán a mesma cantidade por número de alumno.

O montante total da subvención supera os trinta mil euros. Os clubs dispoñen de ata o día 7 do presente mes de xullo para presentar a documentación necesaria, que xa está a ser revisada pola técnico de deportes do concello. A partires dese momento, resolveranse os expedientes para valorar qué cantidade recibe cada club.

Nos próximos días sairá tamén a convocatoria para as Escolas Deportivas de aquelas actividades onde non existen clubs deportivos. Así, todas aquelas empresas que o desexen poderán presentarse ao concurso para poder impartir estas actividades o ano que ven.

Unha vez saian as bases do concurso e se presenten as solicitudes, seleccionarase a máis vantaxosa para que poida empezar a traballar a partires do 1 de outubro.

También te puede interesar