Aberto o prazo de inscripción para «Córgomo Arte Sete»

11 octubre, 2018 ACTUALIDAD , CULTURA , VILAMARTÍN
Aberto o prazo de inscripción para «Córgomo Arte Sete»

Córgomo Arte, un proxecto expositivo que nacía no citado pobo de Vilamartín, da man dos artistas valdeorreses Manuel Conde e Torino, chega a súa sétima edición e xa abriu as súas portas a todos aqueles que queiran participar. Na edición deste ano, que leva por título Sete, «abandona o conceptualismo das últimas edicións e aborda a obra de arte desde unha perspectiva máis técnica, a xeometría, a proporción, a perspectiva, etc., que se agochan nos fundamentos da creación artística». 

Todos os interesados en formar parte desta mostra deberán facer chegar as súas propostas de pintura, escultura, instalación, debuxo, fotografía, e incluso videoinstalación ata o vindeiro 25 de novembro ás 00:00 horas. Na solicitude, os participantes enviarán unha breve descrición da obra presentada na que se xustificará a temática escollida para a presente edición. A documentación será enviada á dirección de correo valdegodos@gmail.com.

A inauguración de Córgomo Arte Sete terá lugar o sábado 8 de decembro e as súas portas permanecerán abertas ata o 6 de xaneiro de 2019.

También te puede interesar