Aberto o prazo de inscrición para cubrir 32 prazas no minicampamento de Trives

14 julio, 2020
Aberto o prazo de inscrición para cubrir 32 prazas no minicampamento de Trives
Publicidad

O minicampamento de Trives está dedicadodedicado a actividades de aventura e de coñecemento de paraxes naturais

A provincia de Ourense acollerá dous minicampamentos do programa “Coñece Galicia”, actividades que se desenvolverán en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres. A Consellería de Política Social xunto coa de Cultura e Turismo impulsan esta iniciativa, que é unha das principais novidades da Campaña de Verán deste 2020 e que completa a programación de campamentos tras a necesaria adaptación das actividades ao novo escenario provocado pola covid-19.


Publicidad

Na actualidade quedan 48 prazas dispoñibles das ofertadas nos dous minicampamentos que se desenvolverán no hotel O Xardín, O Carballiño, centrado en actividades multiaventura e de inmersión e coñecemento do patrimonio natural e cultural;  e no hotel As Maceiras, na Pobra de Trives, dedicado a actividades de aventura e de coñecemento de paraxes naturais. Así os interesados en participar nestas actividades poden  inscribirse no programa Descubre a natureza, na Pobra de Trives, nas quendas do 20-24 de xullo (con 15 prazas dispoñibles), do 27-31 xullo (11 prazas libres), e do 3-7 agosto (6 prazas dispoñibles); e Aventura no Arenteiro, no Carballiño, nas quendas do 27-31 xullo (11 prazas para cubrir) e do 17-21 agosto (6 prazas).

O prazo de inscrición finalizará ata tres días antes do inicio de cada actividade. Os minicampamentos están dirixidos a nenas e nenos empadroados en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude. O obxectivo deste novidoso programa é apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas, ao mesmo tempo que se fomenta o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, así como o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.


Publicidad

Todos os programas teñen un custe total de 125 euros por participante, con descontos do 50% para os membros de familias numerosas e monoparentais, e do 25% para usuarios do Carné Xove. As persoas participantes deberán cumprir as medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias fronte á covid-19.

También te puede interesar