Aberto o Mercadiño de Nadal na Rúa

22 diciembre, 2018 A RÚA , ACTUALIDAD , NADAL 2018
Aberto o Mercadiño de Nadal na Rúa
Aberto o Mercadiño de Nadal na Rúa desde ás 11 da mañá do 22 de decembro. Prolóngase até mañá 23, e estará en funcionamento todo o día até as 10 da noite. Situado na Rúa Doutor Vila da localidade ruesa, alberga 16 postos de todo tipo.

 

Fina Crespo unha artesán da xoiería da localidade

Fina Crespo unha artesán da xoiería da localidade

 

Tamén as asociacións como Amigos polo Camiño de Inverno en Valdeorras e Peludines puxeron o seu posto para informar sobre os cometidos de cada unha das asociación e recadar fondos.

 

A xente dos postos aproveita a hora da comida para se reunir

A xente dos postos aproveita a hora da comida para se reunir

 

Ao fronte do posto da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, estivo a súa presidenta Asun Arias quen aproveitou para promocionar a ruta de peregrinaxe con guías e artigos feitos por membros de esta organismo.

 

Posto da Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras

Posto da Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras

 

É o segundo ano que se organiza este mercado a petición dos responsables dos postos. Con el, a céntrica rúa de baixada a estación, cobra animación durante estes dous días e dálle ambiente a localidade. Ao final do día aberá sorteo de agasallos doados polos participantes.

 

As familias aproveitan a pasear e acer comprar polo Mercadiño de Nadal

As familias aproveitan a pasear e acer comprar polo Mercadiño de Nadal

También te puede interesar