Abertal celebra o seu 30 aniversario cun libro-CD que recolle novos temas e a súa historia

10 junio, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD
Abertal celebra o seu 30 aniversario cun libro-CD que recolle novos temas e a súa historia

A agrupación non existiría de non ser por Manoel Anxo Durán, músico que se fixo a si mesmo e que soubo tansmitir o seu saber

Abertal ven de cumprir 30 anos —febreiro de 1989—. O aniversario o celebrará o vindeiro mes de agosto ca presentación dun libro-CD, que aínda non viu a luz, que recolle a historia desta agrupación de música, 10 pezas musicais dos primeiros dous discos  e cinco temas novas.  Neste último apartado, conta con alboradas, valses e unha «pasacorredoira de Arzádegos», unha  composición propia de Óscar Guerra adicada a terra da súa nai. Tamén inclúe un tema de pandereteira recollida de O Canizo —A Gudiña—, tocada con pandeiro e que leva dous ritmos, unha xota e unha muiñeira. E inclúe unha «Foliada de Cerdedo», do coro da agrupación. Estrearase no verán, data escollida para festexar o aniversario.

Abertal na Festa das Porretas onde é invitada desde o seu comezo

Manoel Anxo Durán, director de Abertal, destaca deste novo traballo a «pasacorredoira de Arzádegos» porque é un tema propio feito polo citado gaiteiro de Abertal. E cita os arranxos do CD, feitos por Xaquín Xesteira, gaiteiro do coñecido «Treixadura», que sempre colabora coa agrupación. «É espectacular, fai uns arranxos moi bós», valora.

O CD foi grabado no propio local de ensaios, na Casa da Cultura de A Rúa. O libro sobre a historia recopila toda a historia de Abertal, con documentación, fotografías e recortes de prensa, unha laboura feita con moito agarimo por Xilda Durán —a súa filla— e Maribel Campos. Neste momento, o disco está pendente de edición para sacalo á venta o próximo verán.

Unha pequena representación de Abertal, o Día de Os Maios en O Barco

Abertal non sería posible sin Manoel Anxo Durán, o seu creador. É un músico que se fixo a si mesmo, que recuperou a música tradicional galega nesta comarca. Escolleu no nome de Abertal porque significa «terreo comunal aberto e sin peches», concepto que recolle a filosofía da agrupación, sempre aberta a quen queira aprender e formar parte da mesma.

Durán escomenzou a escola de música Abertal non 1989 con nove alumnos en A Rúa. Naquela data, ofreceu ao alcalde de entón, Emiliano Quiroga, dar clases de gaita. A partires do ano seguinte, Abertal medrou convertíndose nun fenómeno en ascenso ata a actualidade, que conta con 120 alumnos de toda a comarca de Valdeorras e formación de gaita, baile, pandeireta, percusión, canto, acordeón e todo o que abarca a música tradicional galega.

Abertal tocando as portas dos comercios na Noite dos Descontos

Non ten fronteiras para a música tradicional galega nin para a idade. «Cando empezamos eran todos nenos, pero houbo un momento en que a xente adulta quería aprender e, actualmente, Abertal ten xente dende 4 anos ata personas xubiladas», relata Manoel Anxo Durán.

Abertal chegou lonxe. Hoxe ten un nome importante dentro do panorama da música tradicional galega. De feito, conta con diversos premios que recoñecen a súa traxectoria. «Hai un recoñecemento claro », dí Durán, algo que o enche de orguio. Ademais, ista agrupación non só é música, senón que supón uns valores relacionados «co noso».


Publicidad

«Cando cheguei atopei que aiquí non había prácticamente nada de música tradicional. Tentei introducir na comarca o amor pola nosa música tradicional, polo noso», argumenta Durán. A súa intención é introducir valores nos rapaces e rapazas que se interesen pola cultura galega, algo que xa conseguiu.

Puri, Durán e Xildaen Córgomo durante unha actuación

Manoel Anxo Durán ten moito mérito. Imparte clases todos os días despois de saír do seu traballo, a partires das sete da tarde, sábados incluidos. Non ten descanso. O seu espíritu e amor pola música tradicional galega o moven. É de Anguieiros, localidade da parroquia de Montefurado e do municipio de Quiroga. Aos 14 anos emigrou a Barcelona para traballar. Coñeceu a súa muller na cidade Condal, que é da Fonsagrada —Lugo—. Alí casou. Tuvo a súas dúas fillas, Iria e Xilda, as dúas integradas sempre en Abertal. De feito Xilda é mestre de percusión.


Publicidad

Durán é autodidacta. Dende que era neno xa tiña afición á música galega. Toca a gaita, pandereta, canta e domina a percusión. O que mais lle emociona é a laboura de formación, estar cos nenos e nenas e transmitirlle amor pola música. Defínese como unha persoa normal e corriente, pero realmente é unha referencia, a persoa que recobrou a música tradicional e que soubo trasmitila. Fillo adoptivo de A Rúa, a súa laboura está plenamente recoñecida. O seu sono é seguir adicando o máximo do seu tempo a Abertal.

Texto: Susana Prieto

También te puede interesar