A Xunta sacará a concurso a explotación da estación de Manzaneda

14 enero, 2020 ACTUALIDAD
A Xunta sacará a concurso a explotación da estación de Manzaneda

Manuel Baltar destaca que na vindeira reunión do consello de administración, en febreiro, sacarase a concurso a xestión e explotación destas instalacións

A Xunta Xeral de Accionistas de MEISA, celebrada hoxe na estación de montaña de Manzaneda, acordou iniciar unha nova etapa de xestión deste complexo deportivo, de turismo e ocio, para sacar a concurso, en breve, a explotación das instalacións. Estes xa contan cos novos canons de innivación, un avance tecnolóxico que o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, cualifica como «un dos investimentos máis importantes na historia da estación de Montaña».


Publicidad

Baltar participou na reunión xunto ao conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, os alcaldes de Manzaneda e Trives e outros membros da xunta xeral de MEISA. Nesta nova etapa de xestión, na que se levará a cabo un concurso aberto para atopar un novo operador, «buscamos cumprir os retos e as expectativas deste novo momento do complexo deportivo», afirmou Manuel Baltar, quen comentou que na xuntanza nomeáronse os novos conselleiros, que por parte da Xunta de Galicia será o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e por parte da Deputación de Ourense, o deputado provincial e alcalde da Teixeira, Miguel Cid.

Tamén se deu conta na reunión das actividades que se veñen desenvolvendo na estación de montaña, «todo elo nun clima de unanimidade sobre as cuestións que se puxeron sobre a mesa», valora o presidente do goberno provincial, destacando que na seguinte reunión do consello de administración, que se celebrará no mes de febreiro, aprobaranse os pregos e sacarase a concurso a xestión e a explotación destas instalacións «que son un revulsivo e un dinamizador económico non só da comarca senón de toda a provincia de Ourense e tamén un atractivo turístico de Galicia e do norte de Portugal», expresou Baltar.

También te puede interesar