Novas tarefas de roza nas estradas da comarca co fin de previr incendios forestais

15 febrero, 2021
Novas tarefas de roza nas estradas da comarca co fin de previr incendios forestais
Publicidad

O obxetivo de estas tarefas de roza son as de permitir maior visibilidade e evitar posibles incendios forestais no futuro

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, ven de anunciar a realización das tarefas de roza en diferentes estradas de Galicia e tamén de Valdeorras.

Tras facer as correspondentes labores na OU-933 que descorre entre A Rúa e o límite ca provincia de Lugo, na parroquia de Alvaredos (Quiroga) e na OU-121 que comunica O Barco e Prada (A Veiga), agora chégalle o turno a OU-636 que une A Pobra de Trives con Freixido.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil, retirando a súa vez especies pirófilas, que son máis propensas na propagación do lume.

Publicidad

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario para evitar o uso destes productos.

Estas tarefas tamén as levan a cabo dende os propios concellos nas estradas de titularidade municipal, sobre todo nos meses de primavera, co fin tamén de evitar posibles incendios forestais e manter limpas as zonas de tránsito.

También te puede interesar