O Concello de A Veiga, un modelo a seguir na aposta polo emprego local

9 julio, 2019 A VEIGA , ACTUALIDAD
O Concello de A Veiga, un modelo a seguir na aposta polo emprego local

O alcalde mantivo unha reunión co conselleiro de Economía e repasaron iniciativas municipais como a creación dunha marca propia de mel

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo en Santiago de Compostela unha xuntanza co alcalde da Veiga, Juan Anta Rodríguez. Nesta reunión avaliaron distintos programas para impulsar o emprego local, a economía e as empresas do medio rural.

Conde amosou o apoio da Xunta ao Concello de A Veiga para incrementar as oportunidades laborais. Neste senso, destacou a importancia da colaboración entre administracións para apoiar a creación de novos postos de traballo e poñer en marcha programas de apoio ao emprendemento.

Tarro de mel «Montañas de Trevinca»

Ambos fixeron un repaso polas axudas que recibiu este Concello para poñer en marcha un laboratorio cooperativo no que se formaron 10 persoas en apicultura e creouse a empresa con marca propia Mel de Trevinca. Na actualidade, conta cunha produción de 12.000 quilos de mel dos cales máis do metade xa están etiquetados. Ademais, hai 18 persoas implicadas no proxecto.


Publicidad

En 2019, a Consellería de Economia, Emprego e Industria concedeu ao Concello de A Veiga axudas por valor de preto de 400.000 euros para a contratación de socorristas, de persoal para a realización de actividades vinculadas co sector forestal e para a posta en marcha dun obradoiro dual de emprego.

El alcalde de A Veiga reuniuse co conselleiro Francisco Conde

Con respecto aos obradoiros, Conde apuntou a importancia de poñer en marcha programas de formación adaptados á demanda do tecido produtivo. Neste senso, incidiu na aposta da Xunta por unha formación de calidade flexible, dual e á carta.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu desde 2009 no Concello da Veiga máis de 1,7 millóns de euros en diferentes programas para dinamizar a súa actividade empresarial e comercial e apoiar o emprego e a eficiencia enerxética.



O conselleiro tamén subliñou o interese demostrado por A Veiga para ser Concello Emprendedor, unha denominación que lle dá prioridade en ordes de axuda vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética. A cambio, o Concello comprométese a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio.


Publicidad

También te puede interesar