A Veiga renovará as súas luminarias gracias a unha subvención do IDAE

30 octubre, 2018 A VEIGA , ACTUALIDAD
A Veiga renovará as súas luminarias gracias a unha subvención do IDAE

O Concello da Veiga anunciou a renovación de tódalas instalacións de alumeado en todo o municipio, obra que acometerá gracias aos 589.000 euros subvencionados ao 80% polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, IDAE. As obras de aforro enerxético traen parella unha mellora baixo criterios Starlight, no respeto polo medio ambiente no alumeado exterior público do Concello.

O Concello encargaba a realización dunha auditoría fai dous anos na que se precisou o aforro exacto que se acadaría coas luminarias idóneas nas máis de mil farolas existentes no territorio, ademáis dos gastos de mantemento, prazos de garantía preceptiva, etc. Agárdase unha redución importante do consumo anual de enerxía eléctrica do alumado de aproximadamente o 68%.

O obxectivo do proxecto consiste en renovar ou adecuar os puntos de luz do municipio ademáis de instalar 33 novas luminarias en puntos aillados e concretos para dar luz a zonas oscuras. As intervencións realizaranse en todos os núcleos de poboación do municipio de xeito progresivo.

Dende o concello manifestan a súa satisfacción ante «unha excepcional noticia» que permitirá aforrar «máis de 1.500.000 euros de gasto de luz nos próximos 20 anos e ter unha iluminación de moita maior calidade, o que supón un enorme éxito para todos os veciños».

También te puede interesar