A tranquilidade predominou na volta dos colexios do rural

10 septiembre, 2020
A tranquilidade predominou na volta dos colexios do rural
A tranquilidade predominou na volta dos colexios do rural
A tranquilidade predominou na volta dos colexios do rural
A tranquilidade predominou na volta dos colexios do rural
A tranquilidade predominou na volta dos colexios do rural
A tranquilidade predominou na volta dos colexios do rural
A tranquilidade predominou na volta dos colexios do rural
Publicidad

Os centros do rural contan con grandes espazos e con poucos alumnos para poder dar as clases con total seguridade

Os colexios do rural comezaron un curso escolar moi atípico, pero con ventaxas respecto aos outros centros da zona que contan con máis alumnos matriculados nos mesmos.

Dende o CEIP de A Veiga, o seu director Javier Álvarez, subliñou que esta situación provoca que o regreso as aulas sexa atípico, pero teñen todo organizado dende principios de mes. O colexio conta con 7 alumnos matriculados, divididos en 2 grupos, un de infantil e outro de primaria, empregando para esto 2 aulas máis a de usos múltiples, polo que ao ser tan poucos cativos inicio foi tranquilo.

Álvarez destacou que os nenos xa coñecían os protocolos polos medios de comunicación, malia esto os profesores explicáronlle o novo funcionamento da escola con tranqulidade e colocaron indicacións por todo o recinto.

Publicidad

Dende o CEIP de O Bolo tamén afirmaron que ao ser un colexio pequeno, prácticamente unitario, as facilidades para o regreso as aulas son máis doadas. Teñen un total de 14 nenos matriculados divididos en 2 aulas, unha para os cativos de infantil e 1º e 2º de primaria onde estudarán 8 nenos, e outra cos 6 pequenos restantes.

Ademáis dende o centro destacan que os nenos das dúas aulas nunca se encontrarán entre sí ao estar en diferentes plantas.

O profesorado subliñou o seu nerviosismo neste primeiro día, como os pais, pero tamén resaltaron que ao ter moitos dos alumnos relación familiar e convivencia fora das aulas a volta foi máis fácil.

Consello escolar

Karina Rodríguez representante dos país no consello escolar do CEIP Manuel Respino e do IES Cosme López de A Rúa, e destacou que este curso vai a ser complicado debido as diferenzas debido ao Covid. Tamén resalta o traballo feito por parte dos equipos directivos e os profesores para adaptarse aos protocolos trasladados dende a Xunta de Galicia.

A representante do consello -formado por 4 país- traslada tranquilidade para todos os pais debido ao esforzo feito dende os centros e as administracións para que os pequenos estén seguros nas aulas, afirmando que tanto os máis pequenos como os adolescentes deron unha lección a todos durante o confinamento respondendo ben ante todas as normas que salían durante o mesmo e na nova normalidade.

Fotos cedidas.

También te puede interesar