A silicose protagonista hoxe no Hospital Comarcal de Valdeorras

18 febrero, 2019 ACTUALIDAD , EMPRESA
A silicose protagonista hoxe no Hospital Comarcal de Valdeorras

A prevención e maneira de actuar unha vez se manifesta a enfermidade tema a tratar na charla de Luis Javier Vázquez no HCV

A silicose protagonista na conferencia informativa que se vai celebrar, no salón de actos do Hospital Comarcal de Valdeorras HCV , hoxe luns, día 18 de febreiro ás 18:30 horas.

Luis Javier Vázquez López, membro da comisión de participación do Instituto Nacional de Silicosis INS, falará da prevención no ámbito laboral, da diagnose e evolución da enfermidade, ademais intentará responder as dúbidas dos asistentes.

Desde a Federación de Industria de CCOO apuntan que a charla abordarase desde dúas perspectivas: a prevención por un lado e como actuar unha vez que se lle diagnostica a  enfermidade á persoa, por outro.

«Aínda que se están poñendo medios para previr a silicose, a realidade é que está avanzando», indica Lorena Rodríguez de CCOO. «Hai xente, que leva toda a vida traballando na lousa, incluso cando non había conciencia da enfermidade e non se tomaban medidas de prevención», resalta.

A información sobre a enfermidade, síntomas, os graos que pode chegar a ter, que facer unha vez está diagnosticada ou as causas que levan á incapacitación, serán abordados por Luis Javier Vázquez, mineiro de profesión quen despois da charla respostará a todas as cuestións que lle plantexen os asistentes.



A actividade do INS, do que é membro Vázquez, céntrase na prevención técnico-médica, docencia, investigación e asesoramento sobre a silicose, demais pneumoconioses así como outras patoloxías inhalatorias.

Dende CCOO Industria de Ourense instan á asistencia o acto «dada a importancia dos temas a tratar e tendo en conta en como está a afectar esta lacra os traballadores e traballadoras da comarca».


Publicidad

También te puede interesar