A Rúa, entre libros e Letras

A Rúa, entre libros e Letras
A Rúa, entre libros e Letras
A Rúa, entre libros e Letras
A Rúa, entre libros e Letras
A Rúa, entre libros e Letras
A Rúa, entre libros e Letras
A Rúa, entre libros e Letras
A Rúa, entre libros e Letras
A Rúa, entre libros e Letras

A Rúa celebrou hoxe a súa particular festa das Letras Galegas. Na Praza do Concello concentrouse toda a atención dos actos programados para este día. Temprano revisaba o alcalde, Luis Fernández Gudiña, a colocación de carteis conmemorativos na fachada do edificio do Concello, que facían un percorrido pola vida da homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno.

Eran as 11:00 horas cando os postos de venda de libros comenzaban a recibir xente interesada en mercar exemplares de literatura galega. Ata máis aló das 13:00 horas permanecerían abertos pola afluencia de xente. Ás 12:00 horas comezaba a homenaxe a María Victoria, lembrando a súa vida e a súa aportación á literatura infantil e xuvenil galega. E ao final da lectura, chegaría a actuación da escola de gaitas Abertal, que conseguía encher o pouco espazo que quedaba xa na concurrida praza.

Os actos completáronse coa representación da obra Retrincos de Castelao a cargo da compañía Culturactiva SCG, ás 18:00 horas.

O sábado continuarán os actos en conmemoración das Letras Galegas. A Casa da Cultura acollerá unha homenaxe á figura da gaiteira que volverá a instalarse despois de ser restaurada.

También te puede interesar