A Rúa acendeu o alumeado de Nadal

6 diciembre, 2018 A RÚA , ACTUALIDAD , BREVES
A Rúa acendeu o alumeado de Nadal
A Rúa acendeu o alumeado de Nadal
A Rúa acendeu o alumeado de Nadal

O Concello da Rúa acendeu o mércores, 5 de decembro o alumeado navideño. Unha árbore de luces na praza do Concello substitiu ó tradicional abeto que se colocaba no balcón da casa consistorial en anos anteriores.

 

Arco de Lu na rúa Progreso fronte o Centro Cultural Avenida

Arco de Lu na rúa Progreso fronte o Centro Cultural Avenida

 

Ademais da iluminación adicional colocada nas rúas principais como Progreso, Campogrande, Dr. Vila, Circunvalación ou Miguel de Cervantes, tamén A Rúa Vella ou Vilela contarán con arcos de luz.

 

Iluminación de Anxos na rúa Miguel de Cervantes

Iluminación de Anxos na rúa Miguel de Cervantes

 

A esta iniciativa de por máis alumeado e crear ambiente de Nadal nas rúas da vila, uniuse a Asociación Sociocultural San Cristóbal colocando abetos nos comercios da vila. Estas árbores  decorativas feitas en madeira, polos voluntarios da asociación, colocáronse, o pasado 4 de decembro, en 90 establecementos hostaleiros e comerciais da Rúa.

 

Árbore de Nadal colocada pola Asociación San Cristóbal no Bar Paco

Árbore de Nadal colocada pola Asociación San Cristóbal no Bar Paco

También te puede interesar