A Quinta do Cuadrante mostrou ao público barquense “O empapelado amarelo”

29 febrero, 2020

Publicidad

O público tivo un papel relevante nesta función xa que 14 afortunados viron a obra dende o mesmo escenario

Un total de 14 cadeiras podían ver os espectadores a súa chegada ao Teatro Lauro Olmo do Barco por unha razón, 14 persoas poderían estar enriba do escenario para ver a representación da obra.

Ademáis tanto o equipo técnico como o director e a protagonista do “Empapelado amarelo” celebraron o nomeamento a tres premios María Casares cunha gran representación no Teatro Loureiro Olmo do Barco.

Publicidad

O Empapelado amarelo é unha posta en valor do papel das mulleres como creadoras ao longo da historia, invisibilizadas por un sistema que condena á metade da humanidade ao esquecemento.

Unha experiencia teatral que afonda na crise actual dos modelos de relacións amorosas baseadas nunha serie de valores que debemos poñer en cuestión.

Un monólogo que reflexiona sobre a problemática contemporánea do papel da muller como nai poñendo en cuestióna visión tradicional dos roles de xénero dentro do fogar.

Unha defensa da liberdade individual fronte aos roles tradicionais de xénero. Unha aposta pola necesaria rebelión contra un sistema mercantilista no que prima como valor esencial a produtividade, esquecendo outros valores que van máis aló do excesivo racionalismo.

É unha peza teatral que afonda na necesidade de mergullarse no caudal creativo interno como modo de construírnos como seres humanos completos.

También te puede interesar