A prevención, clave para evitar novos casos de VIH

1 diciembre, 2020
A prevención, clave para evitar novos casos de VIH
Publicidad

O lema do Día Mundial deste ano é “Solidariedade mundial, responsabilidade compartida”

Nun ano no que outro virus de transmisión mundial focaliza a atención, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras quere lembrar o seu compromiso continuado coa prevención, atención ás persoas con VIH/SIDA e investigación, trinta e seis anos despois do primeiro diagnostico en Ourense, desde onde, ata hoxe, atendéronse 490 pacientes.

O lema do Día Mundial deste ano é “Solidariedade mundial, responsabilidade compartida” xa que non podemos esquecer que, non todos os países e persoas contan cos mesmos medios e tratamentos do noso entorno, e aínda hai moitos lugares nos que o diagnóstico supón unha condea á morte ou á exclusión.


Publicidad

Desde 1996, dispoñemos de tratamentos antirretrovirais eficaces, que cambiaron totalmente o prognóstico desta infección, e foron mellorando enormemente ata os actuais, ben tolerados e moi eficientes. Conseguen a supresión da carga viral VIH (Virus de Inmunodeficiencia Humana) en máis do 98% dos casos, o que evita a destrución dos linfocitos CD4, do seu sistema inmunitario que producía á SIDA (Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida). Con elo, o prognóstico vital é similar ao da poboación xeral.

Seguen a producirse contaxios

Os avances nos tratamentos, relegan á historia períodos no que a SIDA converteuse nunha epidemia mortal, pero tamén contribúe a relaxar as medidas de prevención e protección, o que fai que, ano tras ano, se sigan a producir contaxios dun virus para o que hoxe hai resposta, pero supón unha atadura de por vida a fármacos e controis.

Proba delo, en Ourense hai unha media de 20 casos novos anuais de VIH, 180 en Galicia. O perfil das persoas que se diagnostican na actualidade é moi distinto ao do comezo da epidemia, nos anos oitenta, no que se relacionaban, case exclusivamente, a relacións homosexuais e usuarios de drogas por vía parenteral.


Publicidad

As relacións sexuais sen protección (preservativo) continúa a ser a vía mais frecuente de contaxio, e supón o 80% dos novos casos, tanto en relacións de homes con homes (41%) como de mulleres con homes (38%). A idade media tamén ascendeu ata os 36 anos. Ademais, o 20% dos novos casos danse en poboación inmigrante en situación de vulnerabilidade.

Evitar o diagnóstico tardío

Esta relaxación nas medidas de prevención, e de falta de concienciación ante o problema, fai que no 48% dos casos o diagnóstico sexa tardío, o que provoca o avance do deterioro inmunolóxico, polo que ata un 20% dos novos casos se diagnostican xa coa enfermidade desenvolvida. Estes pacientes levan anos coa infección VIH sen sabelo.

O diagnóstico precoz evita complicacións para o paciente e frea a transmisión a outras persoas, ao descoñecer a súa infección e non tomar medidas. Unha vez se instaura o tratamento, ademais de evitar relacións sen protección, a infectividade diminúe considerablemente.

Desde a Unidade de Enfermidades Infecciosas de Ourense, o seu responsable, Ricardo Fernández, cree que “todo o mundo debería facerse unha proba do VIH unha vez na vida, e se ten factores de risco repetila”. A dificultade é, aínda hoxe, chegar a colectivos de especial risco, afastados do sistema sanitario (como usuarios de drogas, prostitución…) nos que Fernández destaca a importancia de continuar desenvolvendo campañas desde institucións sanitarias e ONGs para facer tests rápidos, sempre confidenciais e anónimos, de proximidade.

A prevención mais eficaz continúa a ser o uso de preservativo nas relacións sexuais de risco e sobre todo a concienciación, especialmente ás novas xeracións, dándolles información sobre enfermidades de transmisión sexual e VIH, que continúan a estar aí, polo que é imprescindible previr.

Nos meses de maior incidencia da pandemia COVID19 o sistema centrouse en darlle resposta e moitas consultas de VIH no hospital pasaron á vía telemática para evitar riscos aos pacientes, non si, pouco a pouco estase a recuperar a consulta presencial. Fernández considera que a presencialidade “con certa periodicidade, axuda a unha mellor valoración do paciente e é útil para asegurar a adeherencia ao tratamento.”

También te puede interesar