A Policía Local de Trives adquire un todoterreno coa axuda da Xunta

18 diciembre, 2018 ACTUALIDAD , TRIVES
A Policía Local de Trives adquire un todoterreno coa axuda da Xunta

O Concello da Pobra de Trives ven de adquirir un vehículo todoterreno destinado á Policía Local e centrado en tarefas medioambientais, cunha axuda de 29.800 euros proporcionada pola Xunta de Galicia.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron esta mañá o concello de Pobra de Trives, acompañadas polo alcalde da localidade, Domingo Diéguez.

Marta Fernández-Tapias, indicou que «grazas á compra deste vehículo por parte do concello, reforzase e mellorase a xestión das situacións de sinistro e risco e as tarefas de caracter medioambiental que leva a cabo no concello, xa que está dentro da Rede Natura e conta con zona de especial conservación (ZEC) con zona de especial protección para aves ( ZEPA)».

Dende a Xunta explican que este tipo de actuacións obedecen ao apoio que mantén en materia de «prestación de servizos por parte dos concellos, como Administración máis próxima aos administrados». Neste senso, A Pobra de Trives contou con subvencións de varias liñas de axudas da Vicepresidencia por máis de 191.000 euros.

También te puede interesar