A Pobra de Trives contará cun segundo médico dende o luns

29 mayo, 2020
A Pobra de Trives contará cun segundo médico dende o luns
Publicidad

A nova especialista en medicina familiar e comunitaria ocupará esta praza con carácter indefinido

O vindeiro luns, 1 de xuño, incorpórase unha médico mais con caracter indefinido ao Centro de Saúde de Pobra de Trives, que completa con dous facultativos o seu cadro de persoal, garantindo a continuidade asistencial dos seus 1.779 usuarios e usuarias.

A nova profesional, de Medicina Familiar e Comunitaria, pertence a última promoción de especialistas formados na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Este ano todos eles, salvo dous que reinician o seu período formativo noutra disciplina, se incorporaron estes días aos distintos centros do Sergas na provincia, tras participar nestes últimos meses na asistencia a pandemia provocada polo COVID-19.

Con esta incorporación, o Centro de Saúde de Pobra de Trives fixa a súa plantilla con dous médicos, tras o recente traslado dun deles, polo que a atención a este cupo viña sendo cuberto de xeito provisional, situación que agora grazas á dispoñibilidade de novos especialistas se estabiliza.

Publicidad

Así, a localidade dispón dunha ampla carteira de servizos de atención primaria, atendida por 2 médicos, 2 enfermeiras, e un profesional de Servizos Xerais (PSX), ademais de atención pediátrica, para os 186 nenos e nenas de Trives, Manzaneda e San Xoan de Río, nunha xornada completa semanal, atendida por pediatra e unha enfermeira pediátrica. Xunto a elo dispón de atención urxente os 365 días do ano, no seu Punto de Atención Continuada (PAC).

O Punto de Atención Continuada de Trives, da cobertura tamén aos concellos de Manzaneda e San Xoan de Río, e atendeu o pasado ano un total de 3.958 urxencias, cunha media diaria de 11 atencións. Durante esta crise sanitaria as atencións reducíronse, a unha media de 6 ao día, ao igual que en todos os dispositivos urxentes, por mor do confinamento e o menor número de accidentes ou caídas.

A alcaldesa da localidade Patricia Domínguez asegurou que esta é unha boa nova para a localidade, ademáis era unha praza que viñan reclamando dende que marchou o médico que a ocupaba previamente, agora esperan que se reforce o servizo de enfermería e tamén o de pediatría, xa que no caso de esta última especialidade acuden os cativos de San Xoan de Río, Manzaneda e Trives co mesmo facultativo.

También te puede interesar