A pasarela de Quereño a primeira peaxe de Valdeorras

14 octubre, 2018 ACTUALIDAD , AUDIO , CAMIÑO INVERNO , CULTURA
A pasarela de Quereño a primeira peaxe de Valdeorras

No espazo «Historias de la historia», Antonio Castro Voces falou das estruturas de comunicación entre Quereño e Puente de Domingo Flórez. Hasta os anos 70, unha barca e unha pasarela foron as protagonistas.

 

Castro Voces nos estudos de Radio Valdeorras xunto a poetisa Ana Valiño

Castro Voces nos estudos de Radio Valdeorras xunto a poetisa Ana Valiño

 

Coa chegada do ferrocarril a Quereño no 1883, xurdiu a necesidade de comunicar a zona da Cabreira coa nova estación de tren que permitía a saída cara Galicia e a meseta de forma natural. A mediados do século XIX unha barca de cable permitiu o transporte de persoas principal e tamén de produtos procedentes da Cabreira: mel, noces, castañas.

 

Estación de ferrocarril de Quereño que permitiu a saída da xente e produtos da zona da Cabreira no S. XIX

Estación de ferrocarril de Quereño que permitiu a saída da xente e produtos da zona da Cabreira no S. XIX

A Barca que unía Quereño e Puente de Domingo Flórez estivo en diversos emprazamentos e nela cabían dous carros de vacas ou de bois cargados de pizarra de San Pedro, era consistente. «A parte da Cabreira e Pombriego, a saída natural que tiñan era través do Ferrocarril, non había carreteras», aclara Antonio. A barca estaba supeditada as crecidas do río, e mais dunha vez soltouse e marchou río abaixo así que, obstouse pola construción dunha pasarela ou ponte colgante.

 

Río Sil ao seu paso por Quereño

Río Sil ao seu paso por Quereño

 

«A pasarela é unha construción peculiar», sinala Castro Voces. Comezouse a construír no 1930, e no 31 xa se pasaba dun lado ao outro, aínda que o permiso oficial de utilización non estivo ata finais de 1935. «Os papeles iban por un lado e as necesidades por outro», subliña Voces.

O proxecto de D. José Olide, estivo exposto na Xefatura Provincial de Obras Hidráulicas en Ourense, e tardáronse 4 anos en tramitar as autorizacións para poder pola en uso público. Na construción participou Jacob Joelch —un alemán que traballaba na cementeira de Toral de los Vados—, Ricardo Toirán —mestre canteiro de Vilar de Silva— e Primitivo González —axudante—. O presuposto ascendeu a 4.950 pesetas —recordar que son cantidades dos anos 30—, para a realización de unha estrutura feita con cemento, pedra, tela metálica, madeira e os tirantes de cable de aceiro traídos dunha empresa de Santander Uenda, segundo relata Castro Voces.

 

Pasarela e ao fondo as antigas escolas

Pasarela e ao fondo as antigas escolas

Foi a primeira ponte de peaxe da comarca. A Victor López e o seu fillo Ramiro López, promotores da construción autorizáselles o cobro de 0,20 céntimos, por cada pasada, chegando a valer 1 peseta no 1974. «No ano 70 os estudantes que viñamos ao Barco tiñamos que pasar pola pasarela e pagabamos unha peseta. Pasabamos catro veces, pagabamos tanto pola peaxe como nos valía o billete de tren ou de autobús», di Castro Voces a modo de anécdota. Coa construción da nova ponte entre Puente de Domingo Flórez e Quereño deixouse de usar.

 

Área recreativa ao carón das escolas

Área recreativa ao carón das escolas

Castro Voces sinala que se podería recuperar a barca, a pasarela y as escolas, está todo na mesma zona. «Nas escolas poderíase facer un albergue e recuperar o entorno sería unha forma de recuperar o patrimonio que se está deteriorando e o mesmo tempo ofrecer un servicio aos peregrinos e mostrar tamén aos rapaces o que é unha pasarela deste tipo».

También te puede interesar