A OU-44003 que une Manzaneda coa Ponte Bibei sufrirá cortes de tráfico

7 septiembre, 2020

Publicidad

Esta actuación está incluida nos Planes Provinciais da Deputación de Ourense, e conta cun orzamento de 48.000 euros

Os usuarios da OU-44003, vial de titularidade municipal que une a vila de Manzaneda ca Ponte Bibei, deberán mudar a súa ruta debido aos cortes que se producirán na mesma co fin de mellorar o firme da carretera.

Concretamente os cortes produciranse entre os puntos kilométricos 0+370 e 2+300, que é entre a curva da Galga e o fin do término municipal de Manzaneda, no entronque deste vial ca OU-636.

Publicidad

Este luns comezouse ca limpeza e barrido do firme sen cortes de tráfico, únicamente pidése aos conductores que extremen a precación, será a partir de este martes as 8 da mañá cando comencen as restriccións que durarán ata as 19 horas. O fin das mesmas será o próximo venres.

Estas actuacións que son levadas a cabo pola Deputación de Ourense teñen un presuposto de 48.000 euros, próximamente dende o concello esperan rematar o tramo restante do vial no que non se farán obras cunha subvención de Medio Rural. Así mesmo acometeránse melloras na OU-0701 que vai ata a vila de Requeixo incluidas no Plan Marco, e conta cunha partida de 28.000 euros sen iva.

Fotos cedidas.

También te puede interesar