A muller accidentada en Casaio evoluciona favorablemente no CHUO

1 abril, 2021
A muller accidentada en Casaio evoluciona favorablemente no CHUO
Publicidad

O helicóptero do Servicio de Gardacostas de Galicia rescatou á muller accidentada en Casaio

O helicóptero Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia finalmente foi o que realizou as labores de rescate da muller accidentada onte en Casaio. Aínda que nun primeiro momento requiriuse o helicóptero medicalizado do Servizo do 061 polas condicións do terreo e a caída da noite foi preciso o de Gardacostas —este posúe grúa e pode realizar viaxes aínda que as condicións de luz non sexan as óptimas—.

Rescate do Pesca I en Casaio

A muller que se  atopaba no lugar de  Anadevacas, unha zoa de colmeas polo camiño que vai á ermida de San Xil sufriu unha indisposición e foi trasladada ao Centro Hospitalario Universitario de Ourense —CHUO— . onde permanece estable, polo que poido saber somoscomarca.es.


Publicidad

A complicada situación na que se atopaba a muller impedíu o seu traslado nos medios sanitarios desprazados, entre eles o helicóptero medicalizado do 061 e foi necesario que o Servizo de  Gardacostas de Galicia mobilizase ao Pesca I para evacuala ao centro hospitalario de Ourense.



Os suceso prodúxose preto das 18:30 horas no roteiro de sendeirismo de Xil Vello. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a alerta deste suceso a través de  Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Os xestores do  CIAE 112 Galicia pasaron nese momento o aviso aos servicios de emerxencias do Hospital Público de Valdeorras, á Garda Civil, ao GES de Valdeorras, aos Bombeiros de Valdeorras e ao Servizos de Gardacostas de Galicia.

Vídeo do rescate da sendeirista:

Fotos e vídeos cedidos

También te puede interesar