A luz volverá entrar polos sete ocos do cabido do santuario das Ermitas

9 diciembre, 2019 ACTUALIDAD , O BOLO
A luz volverá entrar polos sete ocos do cabido do santuario das Ermitas

A reparación da estrutura de madeira, a restauración das columnas e a limpeza dos muros serán outras das actuación que se levarán a cabo

 As obras de arranxo do cabido situado no atrio do santuario das Ermitas permitirán abrir os sete ocos orixinais cos que contaba esta estrutura.  A apertura dos focos  tapiados deixará pasar a luz e contemplar a impresionante  paisaxe no entorno do Bibei.

Recuperarase por tanto a visión da contorna a través dun cerramento de ferro  o que se lle porá un cristal para protexer o espazo do vento e chuvias e así podelo usar  en calquera época do ano.

Na imaxe pódense ver desde a parte de fora os ocos tapiados

A actuación ademais permitirá substituír a estrutura de madeira no sistema de cubrición da cuberta por acharse en moi mal estado —motivo polo que se pechou ó público—.   Vaise desmontar a lousa antiga para colocala de novo sobre a cuberta restituída.


Publicidad

Algunha das columnas circulares que  sustentan o teito están rotas e fracturadas polo que se procederá así a súa restauración. Completaranse as actuacións ca limpeza e desbroce dos muros do atrio. Tamén se revisará o estado dos mampostos rotos e tratamento de xuntas.

Na parte dereota da imaxe as columnas e o tellado da lonxa ou cabido

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia investirá 98.000 euros nesta obra de  arranxo e recuperación do cabido previo á nave do santuario das Ermitas. Con esta intervención quérese recuperar a configuración orixinal do acceso ó templo cuxos orixes se remontan ó século VII.

Detrás de Feijóo vendo as obras do muro de contención pódese ver as columnas da lonxa

Cando se estaban realizando as obras de urxencia no muro de contención o pé da igrexa dentro do anterior Plan Director, observouse que a lonxa do atrio estaba en moi mal estado co que se decidiu cerrala e apuntala até que se puidesen  acometer as obras que finamente comezarán en un breve espazo de tempo.

Por outra banda o alcalde do Bolo, Manuel Corzo comunicoulle o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez a necesidade de dotar de iluminación as capelas do Vía Crucis xa que a escasa iluminación que entra polos ocos frontais non deixa ver ben as tallas de madeira do interior. Rodríguez comprometeuse a estudialo.

Unha das 14 capelas do Vía Crucis onde que Corzo quere iluminar

También te puede interesar