A Luz da chuvia presentouse baixo as cancións de Anxo Rei

24 enero, 2020 ACTUALIDAD , CULTURA

A presentación de A Luz da Chuvia contou cas cancións do cantautor valdeorrés Anxo Rei nun acto que encheu a Biblioteca Municipal

O libro “A Luz da Chuvia” presentouse na tarde do venres no Barco, unha obra dos escritores limiáns Delfín Caseiro e Antón Jardón.

Ambos escritores son amigos tal e como destacou Gustavo Docampo durante a súa presentación, ademáis escribiron xuntos un libro nun xénero, o narrativo, no que non son habituais este tipo de colaboracións.

Publicidad

Caseiro destacou antes de comezar o seu pasado polo IES Martaguisela do Barco, ao que chegou nos anos 80 e ademáis na vila barquense naceu un dos seus fillos.

Esta obra, publicada no 2019 reúne 10 relatos, contos que se inspiran na literatura oral de carácter popular. Nestes recréanse as vidas dunha serie de personaxes no mundo rural da posguerra.

Unha crónica amena de tempos pretéritos, de andar camiños de terra que levan carros de persoas dun lugar a outro, de comunicación íntima coa terra produtiva, coa natureza entusiasta. En “A luz da chuvia” o lector atopará miseria dos días e o frío das noites aliviadas coas celebracións lúdicas que chegan co sol. Unha narración que xoga con situacións e acontecer que perduran na fecunda memoria colectiva.

O título ten que ver cun elemento atmosférico, a choiva, que caracteriza aquela época da historia. E a luz, polo cambio da sociedade que chega grazas a diferentes personaxes,

Todas os relatos foron escritos por ambos os autores de maneira colaborativa e con contribucións que xeraron sinerxias.

Delfín Caseiro (Rairíz de Veiga, 1954) é catedrático de Lingua e Literatura Galega e Inspector de Educación. Traballou como docente no IES Martaguisela do Barco. Publicou varios libros, ensaios sobre diversos autores galegos e colabora en varios xornais e revistas culturais.

Xosé Antón Jardón (Vilar de Santos, 1952) foi secretario interventor de administración local, alcalde de Vilar de Santos, deputado provincial, vicepresidente da FEGAMP e delegado da Consellería de Industria no bipartito. É colaborador de varios diarios e revistas culturais.

También te puede interesar