A Festa do Codillo homenaxeará a Solarat Maceda e ao Club Deportivo Rúa

26 octubre, 2018
A Festa do Codillo homenaxeará a Solarat Maceda e ao Club Deportivo Rúa
Publicidad

A Festa do Codillo deste ano adicarase á figura de Vicente Solarat Maceda e ao Club Deportivo Rúa. Así o expresou o alcalde, Luis Fernández Gudiña, que explicou que tras a comisión de cultura da semana pasada, a decisión resultou unánime. «Por un lado, a homenaxe se fará ao clube de fútbol porque no ano 2019 fai 50 anos dende que se federou, así que nos parece axeitado facerlle este recoñecemento despois do tempo que leva espallando o nome do concello por toda a xeografía galega», xustificou.

A adicación a Vicente Solarat Maceda, cree o rexidor que «está máis que xustificada», e de feito, enténdeo «case coma unha débeda que o Concello tiña con él por dúas razóns, pola súa labor e traballo no propio Concello, como concelleiro, e porque foi a alma máter do Aguillón, o que se encargou no seu momento do seu mantemento; hoxe en día podemos disfrutar deste espazo que aproveitamos todos os veciños e veciñas da Rúa e os que veñen de fóra, e en gran parte debémosllo ao seu traballo durante tantos anos», contou o alcalde.

Para Fernández Gudiña, a unión dos dous homenaxeados é unha coincidencia perfecta porque «Solarat Maceda tivo unha estreita conexión co clube de fútbol», por iso mantiveron a idea de celebrar a homenaxe en conxunto.

También te puede interesar