A Enciña da Lastra e O Invernadoiro contarán con plans reitores específicos

22 febrero, 2019 ACTUALIDAD , RUBIÁ , VILARIÑO
A Enciña da Lastra e O Invernadoiro contarán con plans reitores específicos

A medida proporcionará aos espazos naturais unha nova medida de protección que equilibre o valor medioambiental e turístico

A Serra da Enciña da Lastra en Rubiá e O Invernadoiro en Vilariño de Conso, serán os dous primeiros parques naturais de Galicia que contarán cun instrumento específico de protección aprobado como é o Plan Reitor de Uso e Xestión, PRUX.

Así o avanzou a titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na mañá do 22 de febreiro, e puxo en valor o traballo desenvolvido polo seu departamento nos últimos meses co fin de dotar o antes posible aos espazos naturais protexidos da Comunidade de plans reitores capaces de combinar a necesidade de preservar os seus valores medioambientais, co desfrute e coñecemento por parte de veciños e turistas.

Logo da recente aprobación do PRUX do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que entrou en vigor o pasado 19 de febreiro, Ángeles Vázquez explicou que lle toca agora a quenda aos seis parques naturais que hai en Galicia. Tanto a Serra da Enciña da Lastra, localizado no concello ourensán de Rubiá, como O Invernadeiro, en Vilariño de Conso, serán os primeiros parques en dotarse destes novos instrumentos, que en setembro de 2018 foron sometidos a exposición pública co fin de enriquecelos coas achegas de asociacións, entidades e particulares en xeral.

Así, no caso do plan da Serra da Enciña da Lastra a conselleira subliñou que durante o proceso de participación se recibiron 115 alegacións ao documento, que terá unha vixencia de seis anos, establece unha zonificación en catro áreas – de reserva, de uso limitado, de uso compatible e xeral – e como novidade e por primeira vez, inclúe un plan de emerxencias para optimizar todos os recursos técnicos e humanos dispoñibles neste espazo.

En canto ao PRUX do Invernadeiro, Vázquez Mejuto lembrou que neste caso o número de alegacións tramitadas na fase de exposición pública ascendeu a 69 e que, ao igual que no da Serra da Enciña da Lastra, o documento inclúe un plan de emerxencias e introduce unha modificación das denominacións da zonificación do parque con vixencia para os próximos seis anos.

También te puede interesar