A Dirección General de la Policía estuda a creación dunha oficina permanente do DNI no Barco

12 febrero, 2019 ACTUALIDAD , O BARCO
A Dirección General de la Policía estuda a creación dunha oficina permanente do DNI no Barco

O alcalde, Alfredo García, propuxo o edificio dos antigos Xulgados coma nova sede, onde tamén se pensa albergar á Policía Local

O alcalde do Barco, Alfredo García, reuníase na mañá do martes día 12 de febreiro en Madrid co director general de la Policía, Francisco Pardo Piqueras, e o Jefe de la División de Documentación y Archivo, Francisco Herrero Fernández-Quesada, aos que trasladou a necesidade de que O Barco sexa a sede dunha Unidade de Extranjería y Documentación permanente, na que realizar todos os trámites de expedición e renovación de DNI e pasaporte, así como a documentación de extranjería para toda a comarca de Valdeorras.

O alcalde estivo acompañado polo senador Luis García Mañá – quen presentou hai máis dun ano unha proposta neste sentido, que foi rexeitada polo voto maioritario do grupo popular na Cámara Alta – , e propuxo que a nova unidade se ubique no edificio dos antigos Xulgados, nos que tamén se pensa albergar á Policía Local. De conseguirse este obxectivo, todos os servizos policiais do Barco estarían situados no mesmo edificio.

Según indicou o director xeral da Policía, neste momentos estase a facer un estudio obxectivo das necesidades existentes no territorio nacional, e O Barco conta nese estudo. En todo caso, será preciso que o Concello solicite de xeito formal a creación desta oficina, coa aprobación previa dun acordo expreso do pleno da Corporación Municipal.

O alcalde levará a proposta ao pleno ordinario do mes de marzo, e está previsto que a Dirección General da Policía tome unha decisión nun prazo corto de tempo. Alfredo García cree que a reunión foi “moi positiva”, e espera que, nuns meses, “se poda recibir unha confirmación relativa a esta reivindicación que levamos facendo desde hai anos”.

También te puede interesar