A copla das Piornizas xa ten monumento en Chaguazoso (Vilariño de Conso)

25 enero, 2020 ACTUALIDAD , CULTURA , VILARIÑO
A copla das Piornizas xa ten monumento en Chaguazoso (Vilariño de Conso)

A copla na voz de Ludivina Pérez Ricoi soará todos os días ás doce da mañá desde o interior do monumento

Na tarde do 24 de xaneiro inaugurouse en Chaguazoso o monumento á copla da serra  «O caso das Piornizas», creada por Leandro Besteiro —un veciño da vila— no 1949. Preténdese como significou José Luis Foxo, director da Real Banda da Deputación de Ourense, «poñer en valor a creatividade  local de artistas populares coma Leandro Besteiro».

No acto inaugural ademais do director da Real estivo presente a alcaldesa de Vlariño de Conso, Melisa Macía. A Banda de Gaitas do Concello acompaño o acto coa súa música.

A copla composta por Besteiro narra as liortas entre os veciños do Val do Conso e os de Chandrexa de Queixa pola propiedade dos montes onde levaban a pastar ó  gando. Como consecuencia desta refrega, na que incluso se empregaron armas de fogo, un grupo numeroso acabou no cárcere de Ourense.

Esta música está no cancioneiro de Manzaneda e Terras de Trives cantada por Ludivina Pérez Ricoi, veciña de Paradela. Está formada por 40 estrofas de 4 versos. «Está moi ben cuadrada, musica moi interesantes de romance  antigo. A música ten as características do romance medieval con cambio de ritmo para pasar dun compás binario a un compás ternario», explica Foxo.

«A importancia disto é a creatividade local», iresalta o director. Como el mesmo significa, a estrutura  literaria deste poema é perfecta e ademais hai que destacar que «unha persoa que apenas foi a escola foi capaz de compoñer un poema e transmitir unha musica».


Publicidad

Conta Ludivina que cando Leandro  tivo a copla, foi desde Chaguazoso a ensinárllela a Paradela de Manzaneda. «Quere dicir que no ano 1949 esta música era moi importante, non había televisión  nin había estas formas de divertimento modernas polo que cantar unha copla ó carón dunha lareira era moi divertido e por iso está creatividade », aclara Foxo. A xente segundo o director da Real Banda aprendían estas coplas que «eran a verdadeira escola si, querían aprender una copla tiñan que ler. Por iso a xente que coleccionaba coplas era xente que memorizaba este poemas mentres atendía o  gando no monte».

«Hai uns días unha muller de Baños da Veiga díxome que aprendera as coplas cas ovellas, iso é un pouco esta historia. Hoxe son  outros tempos é  tan importante agora que xa non queda xente nos pueblos recuperar esta historia e estas músicas, estes poemas. Esta é a miña paixón este momento», remata Foxo.

Hoxe a partir das 11:30  horas en Vilariño celébrase  o Festival Celtibérico no que participarán ao redor de 600 músicos de todo o territorio nacional.

Se queres escoitar a entrevista a José Luis Foxo, preme na seguinte ligazón:

También te puede interesar