A conferencia sobre a herdanza de Antonio Fraguas estrea a Semana das Letras Galegas no Barco

7 mayo, 2019
A conferencia sobre a herdanza de Antonio Fraguas estrea a Semana das Letras Galegas no Barco
Publicidad

Manuel Gago Mariño será o encargado de abrir o programa de actividades que ten programadas o Concello no marco do Día das Letras Galegas

A conferencia do xornalista Manuel Gago Mariño « O Patrimonio cultural de Galicia. Da herdanza de Antonio Fraguas ao futuro» abre a Semana das Letras Galegas no Barco.

O escritor ferrolán, Antonio Fraguas —a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas— será o protagonista da conferencia que se celebrará na biblioteca Florencio Delgado Gurriarán o venres 10 de maio, ás 20:30 horas.


Publicidad

O poñente, Manuel Gago Mariño é doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, formando aos novos xornalistas na especialidade de ciberxornalismo. Ensaísta e escritor, tamén ten participado en proxectos de investigación e arqueolóxicos, así como na dirección de documentais como, As pedras de San Lourenzo, co que obtivo o Premio a Mellor Documental no Festival de Cine Arqueolóxico de Castilla y León 2017.



Outras actividades na Semana das Letras Galegas

Dentro da Semana das Letras Galegas ademais desta conferencia, tamén haberá cine, un concerto e o habitual Maratón de lectura.

A proxección do filme Trinta Lumes de Diana Troucedo farase o mércores no Teatro Lauro Olmo. Haberá dúas sesión: ás 19:00 horas e ás 21:00 horas. Trinta Lumes está rodada na serra do Caurel e baséase no paso do tempo e na morte. Os antepasados, as tradicións e as herdanzas teñen vida no presente.



O xoves 16 ás 20:30 horas,  o cuarteto de indie folk, Caxade, ofrecerá un concerto na praza Maior. O proxecto persoal de Alonso Caxade, un dos músicos máis creativos da música galega, achegará ós asistentes a unha música minimalista con son bucólicos  e a vez, reivindicativa e irónica”.

A Semana cultural conclúe co Maratón de lectura organizado pola Asociación Cultural Vagalume. Esta décimo novena edición celebrarase o 19 de maio na praza do Concello. O comezo está previsto ás 11:00 horas.


Publicidad

También te puede interesar