A chuvia respectou a Noite dos Descontos na Rúa

8 junio, 2019 A RÚA , ACTUALIDAD , GALERÍAS

Unha campaña organizada por AEVA e o Concello da Rúa para incentivar as vendas na vila, na que participaron nove establecementos comerciais

A Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), en colaboración co Concello da Rúa, organizou este venres a campaña «A Noite dos Descontos». Unha iniciativa para promocionar as vendas na vila na que participaron nove establecementos comerciais.

Publicidad

As portas dos comercios permaneceron abertas desde as 20:00 ás 24:00. Ademais de descontos, ofrecéronse petiscos a todos os clientes. Pese que o tempo respectou a noite e co ceo quedou escampado o frío e, a chuvia caída tan só unhas horas antes non propiciou a saída masiva da xente as rúas. O pasado ano a actividade tivo que ser aprazada uns días máis tarde por mor do tempo.

A charanga Solcha sen dúbida animou as compras e o ambiente

Baixo o lema «Pasa unha noite de lecer na Rúa», desde a Asociación de Empresarios de Valdeorras quíxose combinar unha noite de compras e lecer, animando aos veciños a saír ás rúas atraídos polas promocións nos establecementos participantes, e «para o goce das actividades de animación».

A Banda de Gaitas Abertal e a charanga Sorcha percorreron as rúas facendo parada diante dos comercios participantes onde empresarios, clientes e veciños botaron algún que outro baile.

Os establecementos comerciais participantes ofreceron mercadoría de tempada a prezos rebaixados, decoraron as tendas de xeito diferente —a Asociación San Cristobal puxo unhas estructuras que cada comerciante arranxou a súa maneira—, para que fosen fácilmente identificables. Ofreceron degustacións de todo tipo: empanada, pizza, patacas, chourizo, xamón, cañas fritidas, bica, etc.

Nesta Noite dos Descontos estiveron presentes diferentes sectores do comercio local: téxtil, droguería e beleza, complementos, deportes ou telefonía, entre outros.

Javi e Begoña mostran a estructura doada pola asociación San Cristóbal

Os establecementos que participaron na campaña foron: Deportes Aris, Perfumería Compostela, Deportes Tri-Sport, Mercería Raquel, Confecciones Rosendo, Okre, Fíos e Arnaveca Comunicación.

É a quinta edición que se celebra na vila para promocionar as vendas e, pese a reducirse o número de tendas participantes, respecto a anteriores edicións, os comerciantes e clientes agradeceron a iniciativa.

Publicidad

También te puede interesar