A camiñada á Encomenda pon fin as actividades da tempada da Asociación do Camiño de Inverno

13 octubre, 2019 ACTUALIDAD , CAMIÑO INVERNO
A camiñada á Encomenda pon fin as actividades da tempada da Asociación do Camiño de Inverno

A recollida de datos para saber o número de peregrinos que pasaron este ano por Valdeorras será a próxima iniciativa da asociación

Un ano máis, e xa van catro, a Asociación de Amigos do Camiño por Valdeorras organizou o día da Pilarica, o  12 de outubro, a andaina á Encomenda». Desde Torres Novaes a Encomenda os camiñantes puideron contemplar o Castelo de Torres Novaes, camiñar pola antiga calzada romana, Camiño Real; almorzar preto do cruceiro da igrexa de San Salvador e logo visitar a sua cripta.

O grupo de camiñantes na porta do Concello da Rúa antes de iniciar a saída cara Quiroga

A saída realizouse en autobús desde a praza do Concello da Rúa ás 9:00 horas para chegara o punto de partida, o pé do Castelo de Torres Novaes.  Un exemplar de arquitectura militar, románico e gótico, constituído por dous corpos independentes distintos entre si: A torre do homenaxe, de planta cadrada e o segundo corpo o pazo, de planta trapezoidal. O acceso a ambos espazo é a través de portas que teñen encima a Cruz de Malta xa que este castelo — construído no século XIII— foi sé dos cabaleiros desta orde.

Pola Calzada Real logo de pasar a ponte medieval sobre o río do Castelo das Eiras, divisaron a torre do castelo pola cara norte. Tras a subida entre aciñeiras, sobreiras, xardóns e castiñeiros comezaron o descenso até Hospital. Nesta poboación pertencente ó Concello de Quiroga detivéronse no adro da igrexa de Hospital para almorzar contemplando o cruceiro erguido sobre de un pedestal con escaleiras circulares.

Conxunto de San salvador de Hospital

O conxunto de San Salvador de Hospital mestura arquitectura relixiosa, civil e militar. A igrexa parroquial é un conxunto de diferentes épocas. Ten tres naves comunicadas con arcos de medio punto na que a ábsida é unha antiga igrexa románica de finais do século XII. Esta absida recibe o nome de Capela de San Xoán, dos enterramentos ou da Comunión e foi emoregado como mesa do tribunal para admitir os aspirantes á Orde de San Xoan. O longo dos laterais atópanse os sepulcros de García Rodríguez de Quiroga, Juan de Losada y de Violante de Rivadeneira. «Esta capela ten restos que paga a pena ver, no presbiterio pódense ver as lápidas dos cabaleiros franceses da Orde de San Xoán», sinalou Asunción Arias, presidenta da asociación. O retablo maior barroco o Cristo Crucificado ou a pila Bautismal foron recantos da capela tamén vistos polos camiñantes rueses.

Tempo de almorzo ó pé do cruceiro da igrexa da Encomenda

Ó remate da visita o conxunto arquitectónico de San Salvador tempo de xantar de confraternización en Quiroga.

A asociación Amigos do Camiño por Valdeorras pecha con esta andaina o calendario de iniciativas do período estival e de outono relacionadas co Camiño de Inverno e  o tempo libre. Un dos seus retos inmediatos é realizar unha estatística do número de peregrinos que pasaron polo Camiño no tramo de Valdeorras.

Cripta da igrexa de San Salvador na Encomenda

Fotos cedidas pola Asociación Amigos do Camiño de Inverno

También te puede interesar