A Cabalar elixida ruta finalista no sendeirismo de Trives

27 agosto, 2018 ACTUALIDAD , DEPORTE , EVENTOS , TRIVES
A Cabalar elixida ruta finalista no sendeirismo de Trives

Durante todos os martes dos meses de xullo e agosto deste verán 2018 o Concello da Pobra de Trives ten organizado rutas de sendeirismo familiar para todos os públicos.

Esta iniciativa ten o propósito de amosar a todos os asistentes, as paisaxes e carreiros do lugar. Despois de cinco exitosas edicións, esta VI Ruta de sendeirismo familiar chegou a superar as 50 persoas de asistencia ao longo dos meses de verán. O que é unha boa expectativa para os membros da organización.

A Cabalar será a ruta elixida para finalizar estas camiñadas familiares. Celebrarase este martes 28 de agosto e sairase ás 09:00 h da mañá da Praza do Concello. A súa duración será de aproximadamente 8 quilómetros de distancia cun nivel de dificultade baixo, para poder así gozar da paisaxe, os ríos, e poder coñecer parte da nosa historia, pasando pola Fábrica de Chocolate e a Ponte Cabalar. Dende a organización espérase pechar coa mesma alegría que se empezou esta andaina e así seguir animando ás persoas para participar moitos veráns máis.

Últimos sabores de verán

Finalmente, para pechar o verán realizaranse actividades o resto da semana. O mércores haberá unha Masterclass de zumba que será organizada polo Ximnasio na Praza do Reloxo. Tamén o xoves un concerto que organiza A Cantina do Catro e O Boliche, na Praza Doutor Paz. Para rematar, o venres de mañá haberá visita guiada pola Pobra de Trives seguindo pola noite cun concerto da Rondalla Esmorga.

También te puede interesar