A biblioteca do Barco quere poñer de moda a lectura

12 abril, 2019 ACTUALIDAD , CULTURA , O BARCO
A biblioteca do Barco quere poñer de moda a lectura

A concellaría de Cultura levará unha selección de libros aos escaparates dos comercios locais co obxectivo de dar dinamizar e dar visibilidade aos seus fondos

A Feira do Libro de O Barco celébrase este ano a fin de semana do 27 e 28 de abril. Antes de que chegue a data, a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán comeza hoxe, venres 12 de abril, unha actividade de animación á lectura e de visualización dos seus fondos.

Baixo o lema Pon de moda a Lectura!, a concellaría de Cultura pretende vincular á biblioteca cós comercios de moda e complementos que ten o concello, levando unha selección de libros ao escaparate das tendas que participan na campaña. Así, a partir de hoxe, as tendas de roupa, zapatos e complementos terán no seus escaparates parte das novidades editoriais coas que conta a biblioteca.

Obradoiro para aprender a contar contos

A biblioteca abre hoxe tamén o prazo para matricularse no obradoiro Aprendemos a contar dirixido para pais, nais, avós, avoas e todos aqueles que queiran mellorar as súas capacidades contando contos con novas técnicas e xogos que mellorarán a atención dos máis pequenos.

A matrícula debe facerse na biblioteca ou a través do correo electrónico dinamizacionbibliotecaobarco@gmail.com. As prazas son limitadas.

También te puede interesar