O 12º Camiño das Covas, esta fin de semana no Castro

27 junio, 2017
O 12º Camiño das Covas, esta fin de semana no Castro
Publicidad

Este próximo sábado, 1 de xullo, celébrase na Vila do Castro  a 12ª edición do Camiño das Covas, que organizan a Agrupación de Adegueiros do Castro e a Concellería de Turismo do Concello do Barco.

Os actos dan comezo ás 19 horas, coa apertura das covas ao público, e continuarán a partir das 23,00 horas co concertó dos “Correctos”, que terá lugar na praza. A entrada para poder visitar as 8 covas que participarán este ano costará 10 euros aos adultos, e 3 euros aos nenos de ata 12 anos.

O prezo inclúe a cunca, e a bebida e comida en todas as bodegas, así como a asistencia ao concerto. Como novidade, este ano cada asistente recibirá tamén unha pulseira (de diferente cor para os menores e os maiores), que será a que identifique a aqueles que abonaron a entrada.

 

También te puede interesar