viernes. 20.06.2025

A Veiga arrendará soutos abandonados e axudará a sua repoboación

O Concello da Veiga pretende impulsar a xestión dos recursos naturais do municipio buscando maiores beneficios para a xeracións actuais. E por elo que ven de aprobar as bases reguladoras para fomentar a conservación e repoboación dos soutos.Os donos de soutos abandonados poderán ceder a súa árbore para o posterior arrendamento da poboación local.

O programa integrado dentro do «Plan para a conservación e mellora de terreos forestais» conta cun orzamento de 12.000 euros. As persoas interesadas deberán comprometerse a arrendar as prantancións durante 4 anos e abonar unha taxa de 30 euros por souto nos primeiros dous anos, e 20 os dous seguintes. Asemade as persoas arrendatarias terán dereito a unha subvención do 100% no prezo do arrendamento o primeiro ano e do 50% no segundo.

O Concello da Veiga de forma paralela fomentará a formación en materias de conservación das árbores, sendo subvencionados en especie cun 50% a prantación de novos soutos que serán mercados e entregados a todos os interesados. Tamén se procederá o desbroce das fincas dos soutos que sexan solicitados para poder dar acceso as mesmas.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal a través do Centro de Apicultura e Desenvolvemento Forestal do Concello da Veiga.

A Veiga arrendará soutos abandonados e axudará a sua repoboación