A Veiga inviste máis de 200.000 euros na mellora de infraestruturas

14 Julio, 2017 A VEIGA , ACTUALIDAD , CONCELLOS
A Veiga inviste máis de 200.000 euros na mellora de infraestruturas

O Concello de A Veiga traballará na mellora de infraestruturas viarias e servizos básicos en varios pobos cun orzamento de máis de 200.000 euros.

Dentro das actuación destinadas ao correcto funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e o espazo natural, ten prevista a execución das obras indicadas nos próximos días.

Debido tanto ao uso continuado dos viarios coma ós rigores da climatoloxía do lugar, os pavimentos actuais atópanse deteriorados, polo que se fai preciso proceder á súa reparación, especialmente tendo en conta que as estradas sobre as que se formulan as actuacións.

Dentro dos traballos a realizar, a mellora da capa firme existente en zonas de pavimento con firme moi deteriorado nos pobos: Meda, Carracedo, Lamalonga e as estradas de Carracedo-Paradela, Ponte-Vilanova e Prada-Presa de Prada, será unha das actuacións centrais.

O orzamento que se executará será de mais de 200.000€ cofinanciando pola Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Concello da Veiga. Dende o propio Concello farase algunha actuación concreta máis durante o presente ano, no que atinxe a mellora do firme nos tres seguintes núcleos: Candeda, Meixide e Castromarigo. Dende o Concello enténdese que o estado do firme das estradas e pobos de A Veiga debe ser algo prioritario, e por iso, o ano pasado se executaron obras en 15 pobos. Este ano agárdase que o concello execute obras na totalidade dos núcleos de A Veiga.

También te puede interesar