Tremiñá e Veigamuiños volven ao medievo esta fin de semana

7 Julio, 2017 ACTUALIDAD , CONCELLOS , EVENTOS , O BARCO
Tremiñá e Veigamuiños volven ao medievo esta fin de semana

O XIV Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuiños, que organiza a Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuiños en colaboración co Concello de O Barco, abre as súas portas o vindeiro sábado 8 de xullo ás 18:00 horas facendo voltar ao medievo a veciños e visitantes.

A partires das 19:00 horas haberá unha demostración de oficios tradicionais que se manteñen na localidade, como son a cestería, a fiada ou o palillo. Os traballadores mostrarán tamén os traballos que foron facendo durante todo o ano.

Como en cada edición, ás 20:00 horas comezará o VIII Torneo de Bolos, e as pandereteiras de Veigamuiños poñerán o ritmo e ambiente de troula. Ás 21:00 horas farase entrega dos premios do IX Concurso Literario de Lingua Galega.

A partires das 22:00 horas comeza a festa co baile verbena que poñerá a guinda á tarde do sábado.

O domingo  o mercado medieval volverá a abrir as portas as partires das 18:00 da tarde, con venda de produtos artesáns e tradicionais. Tamén haberá postos de comida, doces típicos e viño para todos aqueles que queiran pasar a tarde sen moverse do mercado.

Os máis pequenos tamén poderán gozar da xornada con actividades programadas para eles.

A partires das 19:00 horas terá lugar a final do VIII Torneo de Bolos, cuxo gañador levará un xamón.

Os asistentes poderán ver de novo a mostra de oficios tradicionais, para logo, a partires das 20:30 achegarse a ver o prato forte que é a mostra de malla e criba na Placiña.

Esta fin de semana no medievo chegará ao seu fin coa actuación do grupo Pándega.

También te puede interesar