Tres Pesos. De Perto. O Barco

29 junio, 2017
Cuando:
21 julio, 2017 a las 22:30
2017-07-21T22:30:00+02:00
2017-07-21T22:45:00+02:00
Donde:
Plaza do Castelo, O Castro
Precio:
Gratis

Tres Pesos serán a palabra cantada, a palabra na música tracional, nas cancións transmitidas oralmente de nais a fillos. Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,… centos de horas sobre o escenario e miles fóra del soñando coa nosa música, coa nosa tradición. Ducias de mestres e centos de alumnos. A música é matemática e a matemática deste trío devolve nesta ecuación un resultado entrañable.

O proxecto nace ao longo do ano 2013 e sae a escea por primeira vez nas festas de San Pedro do ano 2014 en Santiago de Compostela. O seu primeiro traballo “Acta Fundacional” foi grabado nos estudios da Radio Galega Entre os meses de Xullo e Outubro do ano 2014 e concentra en 9 temas a esencia do que son os Tres Pesos. Música de raíz, música de hoxe.