¿Estivo Gustave Eiffel en Valdeorras?

18 Junio, 2017 ACTUALIDAD , PROTAGONISTAS
¿Estivo Gustave Eiffel en Valdeorras?

Esta semana de novo Somos Comarca recibiu a Antonio Castro Voces para que nos conte outra das súas “Historias da Historia”. Esta vez comezamos cunha pregunta: ¿Estivo Eiffel en Valdeorras?

«Antes empezarei, como sempre, coa miña petición particular, reivindicando a figura de Florencio Delgado Gurriarán para que a Real Academia lle dedique o Día das Letras Galegas. Estamos en época preveraniega e é o momento no que se pronuncia a Real Academia, así que esperemos que teñamos sorte.

Agora vamos ao tema que nos atinxe. Estivo Eiffel en Valdeorras? Si, Gustave Eiffel, o da famosa torre de París. Posiblemente el en persoa non estivo, pero si estivo a súa obra e xente que traballaba no seu equipo. Isto está relacionado coa chegada do ferrocarril a Valdeorras.

O ferrocarril inaugúrase o 1 de setembro do ano 1883. Levábamos 40 anos de retraso con respecto á primeira liña que se construíu en España, que foi a Barcelona-Mataró. Na construción do ferrocarril participa unha empresa, que se adxudicaba as obras correspondentes a Galicia, fundamentalmente, e que era a compañía dos ferrocarrís de Galicia, Asturias e León. O tramo Toral de los Vados-A Rúa, que é o que a nós nos afecta directamente, rematouse a finais do mes de xullo de 1883. O presuposto, por dar unha cifra para nada significativa, pero que se pode comparar co que nos está custando agora, para eses kilómetros foi de 3.300.000 pesetas.

O tren real, que vén inaugurando esta liña -que se coñece como a liña Palencia-A Coruña-, no que viña o rei Afonso XII e a súa muller María Cristina, saíu de Madrid o día anterior chegando a Toral de los Vados arredor das 6:00 horas da mañá. Entrou por Quereño, sendo esta a primeira estación da Comunidade Autónoma ca que se encontran, e alí foi recibido por multitude de veciños, unha representación da Deputación Provincial, da Delegación de Facenda e tamén dun grupo de gaiteiros. Sen lugar a dúbidas, a chegada do ferrocarril será un dos feitos máis trascendentes na historia da nosa comarca, polo que supuxo en aras de comunicación, comercio e posibilidades.

Cando o tren chega a estación de Quereño, viña de cruzar a Ponte de Covas, que se coñece como a ponte de ferro. É aí onde se cree que traballaron enxeñeiros da compañía de Gustave Eiffel, que se chamaba Eiffel y Cía. Trátase dunha obra das máis significativas que hai en todo o trazado.

No momento da súa inauguración, Ortega fixo unha descrición de cómo era esa Ponte, e dicía así:

El puente de Covas no parece no artificio elaborado en las bigornias de la herrería, ni que lo haya tocado el hombre, ni que es el resultado de cálculos geométricos. El tren, después de atravesar una montaña, agujereándola con un puente de 177 metros, de improvisto se encuentra flotando en el espacio. No es la tierra lo que lo sustenta. Ha salido de los húmedos murallones que aprisionaba. Se desliza rápido y silencioso por una muralla de hierro ligerísima, que oscila bajo el peso de la balumbra que vibra como un resorte de acero. Estamos en el Puente de Covas. Puede decirse que este puente es el mejor arco triunfal que puede ofrecer Galicia a la locomotora primera que lo una con León.

É, sen lugar a dúbidas, toda unha obra de arte que perdurou ata mediados do século XX, cando se substituíu o ferro por cemento e pedra. Esta ponte, xunto co que se coñece como o Túnel do Lazo, son as dúas obras máis significativas de todo o trazado dende Astorga ata Monforte.

O Túnel do Lazo situábase entre as estacións de Brañuelas e Torre para salvar o desnivel que supoñía o alto do Manzanal, pasando dúas veces polo mesmo sitio pero a distinta altitude, describindo unha especie de lazo.

Pero o que nos queda máis preto é a Ponte de Covas. Entre o enxeñeiros que figuran como autores do proxecto aparecen dous franceses e un equipo de arquitectos españois que tamén participaron na súa construción e aos que se lle atribúe unha intervención máis directa.

Como reivindicación final dicir que a chegada do ferrocarril a Valdeorras supuxo un revulsivo para o desenrolo da comarca, por iso sería bo que non pasara inadvertido na actualidade. Aparte de que non nos quiten trens, hai un patrimonio como son as estacións, os almacéns, as cisternas e as torres cas que se abastecían de auga… Todas esas construcións deberían aproveitarse en lugar de deixalas abandonadas».

También te puede interesar