
Despois de inaugurarse o pasado día 13 maio, o vindeiro sábado 3 de xuño poñerase en marcha o calendario de actividades do Centro de Visitantes de A Ponte, no Concello de A Veiga. Será o único centro de interpretación de toda Galicia que organiza actividades de montaña de maneira permanente durante todo o ano.
Para elo, A Veiga contará cun monitor especializado en deporte de montaña que organizará paquetes de actividades dúas fins de semana ao mes.
A ruta elixida para dar comezo a esta nova andadura é a Ascensión ao Maluro, con saída dende Ponte. Conta cunha subida de 19 kilómetros nun percorrido circular que pasará polo Val de Meladas.
Para o sábado día 4 está prevista a Ruta "Lagoa da Serpe por O Fial. O día 17 organízase unha subida a Pena Trevinca e o 18 a ruta "Ponte-O Escambrón". Tamén están programadas dúas "Experiencias Startlight" para os días 23 e 24 de xuño.
As actividades van dirixidas a un público activo pero cun perfil deportivo medio-baixo, coa intención de chegar ao máximo número de persoas posible e divulgar así esta iniciativa para acadar a máxima difusión posible.
A reserva destas rutas pode facerse a través do monitor e xerente no centro de interpretación, na oficina de turismo ou no propio concello.
O Concello de A Veiga, en colaboración con TREVIHOST (Asociación de Hostalería e Turismo de A Veiga), non só organizará percorridos por valores medioambientais e etnográficos senón tamén se programarán actividades de formación en cartografía ou GPS, así como rapel, escalada, tirolina, descenso de barrancos, avistamento e estudos de aves e observación noctura no solsticio de verán.