O Barco convoca un pleno extraordinario para el mediodía de hoy

14 Julio, 2017 ACTUALIDAD , CONCELLOS , O BARCO
O Barco convoca un pleno extraordinario para el mediodía de hoy

O Concello de O Barco convoca un pleno extraordinario de urxencia para hoxe ás 13:30 horas.

A sesión, contempla un único punto do día vinculado á declaración da titularidade do Castro de O Barco, para acreditar a súa pertenza ao concello. Así deberá constar no expediente da subvención que solicitarán para a súa reforma, sendo necesario o paso previo da inclusión do ben no inventario municipal de bens. A publicación da orde para a convocatoria de axudas por parte do Ministerio de Fomento é inminente xa  que o prazo de presentación de solicitudes para acollerse a estas axudas remata no vindeiro mes de agosto.

“Hemos estado en conversaciones con los responsables de Fomento y sabemos más o menos cuáles son los requisitos y la documentación que nos van a exigir, uno de ellos es que debe constar que todos los caminos y todo el terreno sobre el que vamos a actuar es público”, explicou o alcalde. Por iso, e tendo en conta que as subvencións as que se acollerá o concello para a rehabilitación do vieiro do Castro sairán a finais deste mes de xullo, García, xustifica a présa e urxencia deste pleno extraordinario alegando que deben estar os papeis en orde para solicitar a axuda.

Unha vez estea rexistrado o terreo do Castro no inventario, terá que ser tramitado no Rexistro da Propiedade, “para máis seguridade”, afirmou o rexedor barquense.

Os traballos a realizar consistirán en habilitar un camiño arredor da muralla para que os visitantes poidan rodear o Castro. “Hay una senda que no está en el inventario municipal de bienes, aunque es del concello y así consta en el catastro, pero es necesario que esté en el inventario”. Incluír esta zona na listaxe de bens é o que, con toda probabilidade, se aprobará no pleno deste mediodía.

También te puede interesar